Dende o departamento de cultura do Concello de Laxe tratamos de ofrecer durante o verán unha oferta cultural escollida de forma minuciosa combinando diferentes estilos, para garantir unha oferta que satisfaga a tódolos públicos, por idades e aficións.
De ahí que dende vai anos esteamos a realizar varios programas: A Pé de Rúa programa de actuacións na Praza de Ramón Juega no que poderemos desfrutar dende máxia, novo circo, teatro, etc; Clásica na Rúa concertos de música nas prazas da vila que este ano se achegan ao Tango e ao Jazz; Solpor Poético, Certame da Canción Mariñeira, Día da Gaita, AtalaJAZZ, etc.
Con estes programas, pretendemos ofrecer un amplo abano de opcións culturais para que tódolos e tódalas persoas que vivan ou visiten Laxe atopen unha proposta cultural do seu agrado.
Servizos SocioCulturais
Xullo e Agosto
Biblioteca Pública Municipal “Antón Zapata García”: luns a vernres de 10 a 14 horas.
Axencia de Lectura de Traba: martes de 11 a 13 horas.
Axencia de Lectura de A Torre: mércores de 11 a 13 horas.
LUDOpraia: servizo de empréstimo de material lúdico-educativo os menores de 12 anos deberán asistir acompañados dun adulto aberta dende o 14 de xullo ao 23 de setembro (luns pechada)
Horario:
martes a venres de 15 a 19 horas
sábados e domingos de 12 a 14 e de 16 a 19 horas.
Descargas asociadas
O pasado mércores 17 de xuño tivo lugar a clausura oficial de tódalas actividades dirixidas ós maiores durante o curso de 2008-2009.

As Escolas de Maiores fixeron unha pequena festa de verán o pasado 17 de xuño onde se entregaron os diplomas e as notas da ESA e de Bacharelato ós alumnos/as participantes na devandita actividade. A festa foi presidida polo Sr. Alcalde e o Sr. Concelleiro de Benestar Social.
Aproveitamos a ocasión para recordar que cara o vindeiro curso 2009-2010 imos continuar coas referidas actividades. Para poder participar nelas é necesario ter máis de 18 anos. Os menores de 18 anos para poder matricularse para realizar os exames da ESA necesitan OBRIGATORIAMENTE contrato de traballo.
Os prazos de matricula para a ESA está aberto todo o ano dende setembro de 2009 ata maio do 2010. Para o Bacharelato será o mes de setembro de 2009 e o de Alfabetización está aberto todo o ano.
Pincha nesta ligazón para poder acceder á información sobre as rotas turísticas programadas para o verán de 2009. Asi mesmo tamén poderás descargar o tríptico informativo.
Ligazóns recomendadas
Pincha nesta ligazón para poder acceder á información sobre as actividades deportivas programadas para o verán de 2009. Asi mesmo tamén poderás descargar o formulario de inscrición.
Ligazóns recomendadas
(RAPACES/AS ENTRE 8 E 15 ANOS)
Ábrese o prazo para anotarse nos obradoiros de verán dirixidos a rapaces e rapazas de entre 8 e 15 anos.
Ligazóns recomendadas
O Concello de Laxe acaba de recibi-la certificación oficial da rota de camiñada Laxe-Traba baixo a catalogación de PRG-114 que é unha marca rexistrada en España pola FEDME. Esta concesión é xestionada a través da Federación Galega de Montañismo quen lle remitiu o pasado venres esta certificación ó Concello. Con estes son xa dous os sendeiros que o Concello leva homologados, pois fai uns anos o sendeiro circular Laxe-Punta Insua foi certificado como PR-G 70.

Acolléndonos á Normativa de Homologación Galega o sendeiro foi inspeccionado por técnicos de sendeiros da Federación Galega de Montañismo que verificaron que o percorrido Laxe-Traba cumpría con tódolos requisitos marcados na normalización así coma co compromiso de mantemento de rota. Así pois, acompañando á sinalización en pintura de cores branco e amarelo sobre elementos do entorno, as balizas de sinalización, os sinais direccionais e os paneis de inicio e final de percorrido o roteiro aparece publicitado na segunda edición do folleto de rotas de camiñada do Concello.
Nesa segunda edición do folleto “Senderismo en el ayuntamiento de Laxe – 2ª edición” aparecen un total de oito roteiros: 6 de eles de sendeirismo (unha nova rota urbana polo Concello, a volta ó monte Insua catalogada como PR-G 70, o recén homologado PR-G 114, o roteiro Mórdomo-Cámelle, o roteiro Mórdomo-Pena de Mórdomo, o roteiro Transfontáns-Sarces-Lourido-Transfontáns) outra específica de bicicleta de montaña (Laxe-Soesto-Boaño-Monte da Lagoa-Coéns-Lourido-Laxe) e un último roteiro turístico polo Concello de Laxe aconsellado para facer en vehículo todoterreo ou en bicicleta de montaña.
O Concello ten previsto facer unha inauguración oficial do sendeiro para o vindeiro sábado 11 de xullo. O percorrido, de 8 kilómetros de distancia iniciarase ás 10.00 ó lado do panel de inicio de rota no paseo marítimo de Laxe e, acolléndose ó itinerario homologado, percorrerá parte do casco urbano do Concello, subirá hasta Santa Rosa de Lima, baixará a praia de Soesto, a praia de Arnado, a área recreativa de Boaño e rematará na boca da Lagoa de Traba, ó carón do panel de final de percorrido, sobre ás 14.00.
Con estes sendeiros e excursións que percorren o Concello de Laxe pretendemos que se coñeza mellor o entorno, os monumentos, o interior montañoso e rural, así como o litoral aberto ó mar, camiñando por recunchos que transmitan o encanto da natureza a cultura e o deporte.
A catalogación da rota Laxe-Traba como PRG-114 non é senón a compensación a un grande esforzo no que dar a coñecer a todas e todos os encantos do Concello, así como promociona-las nosas virtudes co fin principal de desfrutar da observación e contacto coa natureza desde o respecto ó medio ambiente e a valoración dos recursos que a nosa terra atesoura.
A praia de Laxe será a única da costa da Morte na que ondeen dous distintivos de calidade tan diferentes: A Q e a Bandeira Azul.
Este será o primeiro ano en que a Q de calidade turística ondee na praia de Laxe. Este distintivo máis esixente concédeo cada ano o ICTE (Instituto para a calidade turística española) a todas aquelas praias que cumpran uns requisitos moi esixentes. Só 7 praias en Galicia contan con este distintivo este ano.
Recentemente o Concello de Laxe solicitou a Costas que realice na praia unha serie de melloras para cumprir co requisito de mellora continua da calidade. Entre estas destacan a colocación de máis pasarelas na zona do cabo da Area así como a colocación dun Punto de Información Dixital á beira da Caseta de Turismo con información sobre os servizos de hostalaría e comercio, a calidade na praia ou o patrimonio cultural e natural do concello, entre outras informacións.
Así mesmo o Concello contará cunha ordenanza de praia para este mesmo verán. Será un novo marco xurídico que axudará a xestionar mellor as praias municipais.
A praia de Laxe é o verdadeiro motor do desenvolvemento turístico da nosa localidade, e o concello é consciente deste feito e por tanto está a traballar en conseguir novos obxectivos que contribúan a mellorar a calidade do noso areal.

Este ano 2009 a Praia de Laxe foi galardonada coa
Bandeira Azul, distinción que certifica a calidade das augas e a dotación de servizos.
Estas enseñas son concedidas por un xurado internacional integrado, entre outros, por representantes do programa de Nacións Unidas para o Medio Ambiente e a Organización Mundial do Turismo. En España, a responsabilidade do programa da bandeira azul recae na Asociación da Defensa Ambiental e do Consumidor (Adeac).
A CAMPAÑA BANDEIRA AZUL
Esta praia foi galardonada coa Bandeira Azul. A Bandeira Azul é un galardón ambiental concedido a aqueles concellos, que realizan un especial pulo na xestión do entorno litoral das súas augas interiores e/ou das súas praias, dun xeito respetuoso co medio ambiente e a natureza. Para obte-la Bandeira Azul, a comunidade local e as súas praias teñen que cumprir unha serie de criterios, que fan referenza á calidade das augas de baño, a información e a educación ambiental, a seguridade e os servizos e instalacións.
Este pulo da comunidade local garantízalle poder visitar coa súa familia entornos limpos e seguros no litoral de mares e lagos a nivel mundial, así coma, contar con probas de que a comunidade local manten eixos para un desenvolvemente sostible.
ALGÚNS DATOS SOBRE A BANDEIRA AZUL
A Bandeira Azul foi creada e é concedida pola FEE (Fundación para a Educación Ambiental), entidade privada constituida e representada por unha Organización Non Gubernamental ambiental en cada un dos 40 Estados participantes.
• A Bandeira Azul é un galardón á calidade ambiental de praias e peiraos.
• Únicamente as autoridades locais poden solicita-la Bandeira Azul para praias.
• A Campaña promove a participación e cooperación en iniciativas ambientais voluntarias, por parte da cidadanía local e visitante e dos distintos axentes implicados no sector do turismo e no do medio ambiente.
• A Bandeira Azul para praias envolve principalmente 4 áreas principais:
1) Calidade das augas de baño;
2) Información e educación ambiental;
3) Xestión ambiental;
4) Seguridade, servizos e instalacións.
• Os criterios da Campaña van evolucionando e fanse progresivamente máis exixentes, de xeito que os concellos participantes na Campaña non decaian no seu esforzo para resolver aqueles problemas ambientais máis salientables relacionados coa obtención da Bandeira Azul.
• A concesión da Bandeira Azul só é válida cando se cumpren os criterios demandados. Se estes deixan de cumplirse en algún momento, os responsables da praia a nivel local están na obriga de arria-la Bandeira.
• Cada organización nacional membro da FEE, en España ADEAC, inspecciona en verán os emprazamentos con Bandeira Azul. A Coordinación Internacional, asemade, realiza visitas de control a unha mostra das praias galardonadas.
Ligazóns recomendadas