XIII FESTIVAL DE CLAUSURA DA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA

Dende o 09-06-2017 ata o 30-06-2017


O domingo 25 de xuño ás 6 da tarde no Salón de Actos Municipal de Laxe
, terá lugar a 13 edición dos festivais que cada ano organiza a Escola Municipal de Música con motivo da finalización de cada curso coincidente co periodo escolar.

No festival deste ano,
como vén sendo costume, actuará o alumnado da Escola de Música Municipal de Laxe, interpretando pezas intrumentais, cantadas e algunha que outra coreografía, de diferentes e variados estilos, que abranguen dende o máis tradicional ata o máis moderno e contemporáneo.


Estades todos e todas convidados/as!

Portal cidadán de Laxe © by Abertal