É un pracer para o Concello de Laxe compartir a programación cultural que temos programada ata o momento para levar a cabo dende o 16 de decembro ata o día de Reis.
SÁBADO 16 DE DECEMBRO
Comezaremos a programación de nadal, como xa vén sendo tradición, con este concerto de música coral no que gozaremos dalgunhas pezas interpretadas de maneira vocal e instrumental típicas destas datas do nadal, e que dará comezo ás 19.00 horas na Igrexa de Santa María da Atalaia.
Participarán este ano: a Coral Polifónica de Oleiros, a Coral Fonte do Souto de Culleredo e a Coral Polifónica Municipal Atalaia de Laxe.
DOMINGO, 17 DE DECEMBRO
MAXIA: Salón de actos Municipal, ás 18:00 h
SÁBADO 23 DE DECEMBRO
Ás 19:00 horas o alumnado da Escola Municipal de Teatro, e, en especial, os rapaces e rapazas de menor idade.
O Venres 5 de xaneiro de 2018 terá lugar a Cabalgata de Reis Magos con festa infantil no polideportivo, chocolatada e roscón de reis, inchables para toda a familia.
Non habería máis satisfacción para nós, que todas as actividades propostas resulten do voso interese e agrado, así como contar coa vosa presenza e implicación directa, senón en todas, na maioría delas.
Ademais, Papá Noel Visitará aos alumnos de infantil e primaria do Concello de Laxe o MARTES 19 DE DECEMBRO.
Aproveitamos a ocasión para desexarvos que teñades os mellores días posibles nestas datas, así como unha boa e feliz entrada no 2018.