ENTROIDO 2018

Dende o 02-02-2018 ata o 19-02-2018

Como vén sendo tradición dende fai anos, continuaremos tendo dous días de celebración do entroido no noso concello: un de apertura con festa de comparsas e outro de peche coa despedida e queima da nosa personaxe de entroido, o Caietano.

DOMINGO 11 DE FEBREIRO: DESFILE E FESTA DE COMPARSAS

  • 17:00 hs: ENCONTRO DE COMPARSAS E ENTROIDOSdiante da Casa do Concello de Laxe para iniciar un PASARRÚAS ata a Praza de Ramón Juega que estará ambientado e animado musicalmente pola BANDA DE GAITAS MARUXÍA, o GRUPO DE PERCUSIÓN DOS TRIKITRAKES e PANDERETEIRAS de ANDORA E DA ASOCIACIÓN AMAS DE CASA DE LAXE.
  • INAUGURARÁ O PASARRÚAS O ALCALDE DO ENTROIDO LAXENSE, O CAIETANO.
  • Ó chegar á Praza de Ramón Juega, aproximadamente ás 6 da tarde, darán comezo as ACTUACIÓNS DAS DIFERENTES COMPARSAS e ENTROIDOS que se inscriban.
Dende o concello animamos a todas aquelas persoas e comparsas que desexen participar de maneira activa no entroido de Laxe desfilando, actuando e exhibindo os seus disfraces sobre o escenario a que se poñan en contacto chamando ás oficinas de Cultura ou escribíndonos un mail a cultura@concellodelaxe.com, especificando o nome da comparsa ou do entroido, o número e idades das persoas compoñentes da mesma, un teléfono de contacto e por último a música que desexan que soe durante a súa actuación.

  • Coa retirada do Caietano da Festa dará comezoO BAILE DE ENTROIDOS co grupo TREN DA UNHA DE LAXE durante aproximadamente hora e media.

No caso de que por causa do mal tempo non se puidera realizar o desfile de comparsas, todos os demais actos terán lugar no Patio Cuberto ao carón da Praza dos Voluntarios.

DOMINGO 18 DE FEBREIRO: despedida do entroido laxense co ENTERRO DO CAIETANO


Aproximándose a tardiña, ÁS 18.30 HORAS, diante da Casa do Concello, COMEZARÁ A CONCENTRACIÓN de viuditas, fillos putativos, de dereito, de vicio e demais entroidados coñecidos/as e achegados/as do Caietano e comezará a

  • PROCESIÓN DE DESPEDIDA que a diferentes ritmos marchará polas rúas de Laxe, animados polo GRUPO DE PERCUSIONISTAS DOS TRIKITRAKES ata a Praza de Ramón Juega.Xa que nos collerá a noitiña, non estaría demais que os entroidados acudisen acompañados de velas e antorchas.
  • Chegados á praza, oficiaráselle a MISA “CORPORE IN SEPULCRO” AO CAIETANO, oficiada por un coñecido Bispo que acompañado polas coplas e responsos do grupo de viuditas que deixa o Caietano e seguramente que tamén por algunha pandeireta daránlle a súa merecida despedida.
Se tes inventiva e queres participar activamente nestes actos, creando uns responsos ou versionando algunha cantiga para despedir ao Caietano, podes facérnolo saber chamando ó Departamento de Cultura ou por email a cultura@concellodelaxe.com (non esquezas indicarnos un teléfono de contacto)

  • Para finalizar os actos, DARÁSELLE QUEIMA NA PRAIA Ó CAIETANO e de seguro non faltarán algunhas pezas das pandereteiras de ANDORA, Amas de Casa e o grupo de tambores dos TRIKITRAKES.
No caso de que por causa do mal tempo non se puidera realizar a procesión, todos os demais actos terán lugar no Patio Cuberto ao carón da Praza dos Voluntarios.

Para aclarar calquera outra dúbida ou máis información, ponte en contacto co Departamento de Cultura, ben presencialmente, por teléfono no 981 70 69 03 ou por email en cultura@concellodelaxe.com

Portal cidadán de Laxe © by Abertal