PROGRAMACIÓN CULTURAL NO MES DAS LETRAS GALEGAS

Dende o 04-05-2018 ata o 31-05-2018

A COMPAÑÍA

A súa primeira incursión no circuito teatral profesional galego chegou en 2011, ao abeiro da compañía de Teatro do Astracán e da súa primeira montaxe, Ladrón e Familia, dirixida por Evaristo Calvo. Posteriormente formou a súa propia compañía - Código Morsa - xunto con Alberto Torres para dar saída ás súas inquedanzas teatrais, estreando en 2014 o seu primeiro espectáculo, Supergalácticos, dirixido por Fran Rei. Igualmente, foi a presentadora das galas das Irmandades da Fala, que xiraron por Galicia en 2016, acompañada de artistas tan recoñecidos como Caxade, Mago Teto ou Luis Iglesia. Na súa última produción, O Valo de Pallasos en Rebeldía, Saleta Fernández consolídase como unha actriz do presente e de prometedor futuro.

O ESPECTÁCULO

Pan e Chocolate é un espectáculo baseado principalmente na obra da autora protagonista do Día das Letras Galegas deste 2018, María Victoria Moreno, recollendo tamén textos doutras obras para público infantil da escritora, narradora, tradutora, ensaísta e mestra galega nada en Cáceres.
A actriz Saleta Fernández convértese en Eva, a rapaza protagonista destas historias, para narrarnos unha serie de maravillosas aventuras xurdidas do maxín de Mª Victoria Moreno.
Contos que, aínda escritos para rapaces e rapazas, a miúdo acaban sendo historias para todos os públicos, xa que amosan as cousas tal e como son e, en moitas ocasións, conseguen expresar o máis agochado de nós.

Dirixido por Fran Rei, Pan e Chocolate é un espectáculo de narración oral, sonxelo e directo, que pretende ser un ameno achegamento á vida e obra de María Victoria Moreno.

Este espectáculo forma parte das actuacións subvencionadas ó noso concello a través do programa da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

MARÍA VICTORIA MORENO, A AUTORA DAS LETRAS GALEGAS 2018

Ana María Victoria Moreno Márquez naceu en Valencia de Alcántara (Cáceres) o 1 de maio de 1939 e falece en Pontevedra o 22 de novembro de 2005.
Esta pontevedresa de adopción, chegou a Galicia en 1963, con só 22 anos, e axiña asumiu a cidadanía en galego, a lingua que escolleu tanto para as súas obras narrativas infantís e xuvenís como para os seus estudos literarios, o ensaio, a poesía e a didáctica da lingua e da literatura galegas. Isto permítenos definila como "galega de elección".
En 2018 é a figura protagonista do Día das Letras Galegas e isto convértea na cuarta muller -tras Rosalía de Castro, Francisca Herrera Garrido e María Mariño- que leva ese recoñecemento na historia da celebración.
Deixounos un legado importante escrito en galego, destacando as obras de literatura infantil-xuvenil, ensaio, poesía e numerosas traducións ó noso idioma doutras pezas literarias.



MÁIS INFORMACIÓN

Para ampliar a información da autora, podes consultar os seguintes enlaces:

Portal cidadán de Laxe © by Abertal