XIV FESTIVAL DA ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAL

Dende o 08-06-2018 ata o 30-06-2018

O domingo 17 de xuño ás 6 da tarde no Salón de Actos Municipal de Laxe, terá lugar a décimo cuarta edición dos festivais que cada ano organiza a Escola Municipal de Música con motivo da finalización de cada curso coincidente co periodo escolar.

No festival deste ano,
como vén sendo costume, actuará o alumnado da Escola de Música Municipal de Laxe, interpretando pezas intrumentais, cantadas e algunha que outra coreografía, de diferentes e variados estilos, que abranguen dende o máis tradicional ata o máis moderno e contemporáneo.

Estades todos e todas convidados/as!

Portal cidadán de Laxe © by Abertal