NOVO OBRADOIRO DE MOSAICO PROXECTO "CARBALLOS"

Dende o 30-04-2019 ata o 31-05-2019

Despois da boa experiencia e positivos resultados do obradoiro de mosaico realizado no ano 2017 coa Asociación Municipal Medioambiental Contramínate, temos en proxecto a realización dun novo obradoiro de mosaico co proxecto"Carballos”.

O Concello de Laxe, en colaboración coa Asociación Medioambiental Contramínate colaborarán na realización desta actividade, coa que entendemos  mellorarase a calidade visual, paisaxística e a humanización dos espazos municipais.

A actividade, tendo finalidades vinculadas á educación ambiental e social, consistirá na realización dun mural-mosaico nunha das paredes que conforman un dos pequenos espazos de dominio público urbanos con zona verde, situado xusto na intersección das rúas Avda. Cesáreo Pondal e Villa Amparo, co que consideramos, melloraranse as condicións de dito espazo, saneándoo e recuperándoo para o recreo da poboación en xeral.

A partir do xoves día 2 e ata o venres 11 de maio, habilitaranse, dende o Departamento de Cultura Municipal, as inscricións para a participación no mesmo.

Con carácter xeral, poderá participar nel toda persoa sempre e cando cumpra o requisisto de ser maior de idade.

ACTO DE INAUGURACIÓN: VENRES 31 DE MAIO

Ás 20.00 horas do venres 31 de xuño, realizarase un acto inaugural do mosaico, unha vez concluídos os traballos deste mural realizado de maneira comunitaria por diferentes persoas que de maneira voluntaria se implicaron no proxecto.

Despois do acto de presentación, haberá un xantar de convivio onde cada quen levará o seu para compartir.

Portal cidadán de Laxe © by Abertal