PROGRAMACIÓN CULTURAL DE VERÁN

Dende o 05-07-2019 ata o 31-08-2019

Compartímosvos en primeiro lugar o tríptico que recolle a meirande parte das actividades deste verán cultural en Laxe e que dende o pasado luns día 8 pode recollerse nos diferentes equipamentos municipais.

INFORMACIÓN DETALLADA DE CADA ACTIVIDADE


Neste apartado facilitámosvos algunha información máis concreta de cada espectáculo que agardamos vos anime a ser partícipes deles.

Vémonos nas prazas e rúas este verán?

Agardámosvos!


Monicreques | Para público Infantil e familiar | Duración 45 Min

SINOPSE


Dona Barriga Verde é unha obra de títere de cachaporra, que integra elementos do Barriga Verde do noso país con préstamos doutras tradicións titiriteiras europeas. Os paisanos, o demo ou a morte atópanse en escena co crocodilo ou o bebé habituais do Punch Inglés. E todo cunha grande particularidade. A desafiar as convencións do xénero e por vez primeira no noso país, Barriga Verde, protagonista da obra, é unha muller. Deste xeito, sen perder os gags clásicos, a artista achega novas perspectivas aos roles de xénero e aos estereotipos desta tradición.

A Asociación Cultural Morreu o Demo colabora neste proxecto prestando asesoramento histórico e documentación. Canda a Larraitz Urruzola encargada do manexo dos bonecos, o espectáculo conta con dirección de Santi Prego, bonecos e atrezzo realizado por Borja Insua, pintura e deseño do retábulo de Kukas e vestiario de Bety Busto.

Dona Barriga Verde é unha pícara, cantarina e pandereteira que armada de inxenio desafía as dificultades cotiás enca- rando as situación sen filtros, vence ao medo e ás inxustizas defendendo á súa integridade e amor propio fronte aos mons- tros, ao amor, á morte e ate ao mesmísimo demo. Con prota- gonista femenino, por primeira vez nas tradicións europeas, Dona Barriga Verde achega novas perspectivas aos roles de xénero e aos estereotipos desta tradición, supón unha actua- lización das formas e xeitos do títere popular, reinterpreta o patrimonio inmaterial desta técnica titiriteira que nos axudou a purgar as inxustizas a través da risa durante séculos

FICHA ARTÍSTICA


Actriz/titiriteira
 Larraitz Urruzola
Dirección 
Santi Prego
Deseño do retablo e pintura dos títeres
 Kukas               Talla en madeita e atrezzo Borja Insua                                  Vestiario Bety Busto
Colaboración atrezzo
 Pepe Penabade

A actuación forma parte da programación cultural subvencionada polo Programa da Rede Cultural da Deputación da Coruña: 
http://facebook.com/Culturadac


INFORMACIÓN DE "MONITOLEANDO": UN ESPECTÁCULO DE MÓNICA PARADELA

Moi Mundana é unha exploradora moi despistada na procura dun tesouro, o que lle fará percorrer medio planeta nunha divertida aventura para toda a familia, chea de emoción, humor e circo.
Unha viaxe inesquecible desta exploradora curiosa, tenra e divertida, que nos ensinará que viaxar non é só cambiar de lugar, tamén serve para convertermos en mellores persoas.
Moni Mundana quere achegar a espectacularidade e o circo ás ruas, nun espectáculo para todas as idades que mistura o clown, a acrobacia aérea, os números de lume, os malabares, a percusión, a danza africana e a participación directa do público. A través dunha linguaxe visual e sen palabras, descubriremos que non somos tan distintos os uns dos outros.

A actuación tamén forma parte da programación cultural subvencionada polo Programa da Rede Cultural da Deputación da Coruña: 
http://facebook.com/Culturadac


Tipo de espectáculo: música e teatro

Duración: 50-60 minutos

Idade recomendada: maiores de 7 anos. Público Familiar

Creación e produción: LYDIA BOTANAMúsico e asistente SERGI LANDROVE

Música e arranxos: LYDIA BOTANA

SINOPSE

Bolboreta volta dunha das súas xiras musicais polo deserto do Sáhara cando se atopa con Sergi, un feirante un tanto peculiar.

Atopámonos nunha feira na que hai moitas linguas nas que estivemos a falar coma o francés, o italiano, o alemán , o inglés, o wolof ate o esperanto.

O caso é, que entre tanta lingua, faltaba o galego, que  resulta que non se vendía nada nos últimos anos…

Abordaremos así algúns dos tópicos e prexuízos que a sociedade galega arrastrou durante décadas para poñer en valor a nosa lingua coma un dos pilares da nosa identidade.

Comezaremos así un percorrido por diversas cuestións no que contamos ó público algunhas partes da historia da nosa lingua intentando incrementar o seu uso fomentando a cultura galega entre música en clave de humor xunto a diversas reivindicacións, moitas risas e emocións a esgalla.

Levaremos a tradición á modernidade achegándonos ó público máis novo musicando textos literarios galegos de Eduardo Pondal, Celso Emilio Ferreiro ou Castelao mesturados con cancións de creación propia nas que fusionamos diferentes xéneros musicais con letras  que falan do respecto entre as persoas, independentemente de onde procedan, ate cuestións de xénero e igualdade.

Xiraremos en torno á idea de que unha árbore faise forte cando afunde ben as súas raíces.

Así trataremos de crear consciencia da  nosa orixe lingüística fomentando o interese pola historia da lingua tendo en conta o galego coma chave para abrir moitas portas polo mundo adiante falando dende da lusofonía ate visibilizando algunhas variacións dialectais mesturando o galego co inglés, o  galenglish” que falan moitos do emigrantes retornados.

Traballaremos co Pergamiño Vindel onde adaptamos unha cantiga de amigo de Martín Códax ao reggae e o rap.

Destacaremos a tradición da improvisación oral da regueifa e o refraneiro popular dándolles un toque máis actual con músicas que van dende o ska, o trap ate o punk.

Neste espectáculo, búscase promover o uso da lingua dándolle a importancia que ten sendo coñecedores/as das nosas raíces.

INSTRUMENTACIÓN

O formato está baseado nun concerto acústico cunha instrumentación variada: piano, acordeón, ukelele, caixón, instrumentos doutras culturas coma o carcabasse e máis autóctonos coma as cunchas ou a pandeireta mesturados con bases electrónicas.


Vídeo resumo do espectáculo: https://youtu.be/LCQupjdyrZk

Tipo de espectáculo: maxia, teatro e comedia

Duración: 50-60 minutos

Idade recomendada: Público Familiar

Creación e produción: Cayetano LLedó

Todos os shows de maxia producidos por Cayetano Lledó englóbanse na categoría que algúns teñen denominado de maneira humorística "Arte Dramáxico". Esto é, o arte dramático fusionado coa maxia.

Neste aspecto, todas as súas producións desmárcanse casi por completo dos shows de maxia convencionais. Son espectáculos de maxia teatralizada, con comedia e humor. Todos eles aptos para todos os públicos. Teatro e ilusionismo con maxia musical, manipulación de cartas e obxectos, clown, cambios de vestuario, números de mentalismo, hipnosis, pantomima, danza...

François Lafayette
A creación do personaxe heterónimo François Lafayette é un dos alicerces da carreira artística de Cayetano Lledó. 

Na ficción, François Lafayette ao igual que o seu creador é tamén mago e produtor de teatro. 

Nos seus espectáculos, Lafayette emprega a interpretación de diversos personaxes para compoñer galas de variedades interpretadas por el mesmo. Para elo fusiona maxia e teatro con todo tipo de arte que poida seren realizada no escenario.

François Lafayette tivo una gran acollida por parte do público a nivel internacional.

Debido ao seu éxito creouse a Lafayette Company, unha compañía que produce e distribúe os seus espectáculos de maxia a nivel internacional.


Público:
Familiar

Duración: 60 min

Vestiario: Teatro Ó Cubo e Carmen Pichel

Escenografía: Teatro Ó Cubo

Dirección: Alfredo Pérez Muíño “Fredi”


Ghop! vén de Hop! ¿Que sería de nós sen a gheada para facer que esta palabra de ímpeto soe completa e a nosa querida “h” non fi -que muda coma sempre? 

Ghop! imprime con enerxía un espectáculo coa estética clásica dos circos ambulantes que no pasado percorrían as prazas dos pobos e aldeas.

Os tres protagonistas, vestidos e caracterizados para a ocasión, aderezan con malabares, monicreques, acrobacias e pinceladas de maxia o show de variedades que esta compañía itinerante ofrece a un público desexoso de divertirse e participar. 

Aínda que a previsión era realizar o espectáculo na Praza de Ramón Juega, debido á previsión de choiva, cambiarase o seu emprazamento, realizándose o XOVES 8 ás 20.00 horas pero no PATIO CUBERTO situado a carón da Praza dos Voluntarios.

A actuación forma parte das actuacións contratadas a través da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Portal cidadán de Laxe © by Abertal