ENTREGA DE PREMIOS DO XIII CERTAME DE POESÍA E CELEBRACIÓN DO XIII SOLPOR POÉTICO

Dende o 16-07-2019 ata o 31-08-2019

Por décimo terceiro ano consecutivo, dende o Departamento de Cultura impulsamos a celebración deste certame de poesía co que, ademais de fomentar o incremento do patrimonio cultural local, tentamos dar a coñecer e revalorizar a figura do autor e poeta local, Antón Zapata García.

QUEN FOI ANTÓN ZAPATA GARCÍA?

Era fillo de Antonio Zapata García, carabineiro natural de Sarandós, e de María Josefa García Moreira, nada en Camariñas.

En Laxe transcorre a súa infancia até que emigra a Buenos Aires en 1903 con 17 anos de idade.

Entre as posibles causas da súa marcha barállanse as diferenzas coa súa madrastra -coa que seu pai casara após a morte da nai do poeta, cando este era neno- así como o seu forte desexo de eludir o servizo militar.

En Arxentina traballou como empregado de comercio e participou de forma activa nas actividades da colectividade galega.

Colaborou en distintas revistas como El Eco de Teo, Suevia ou La Voz de Galicia e tivo un papel destacado dentro da Asociación Benéfica y Cultural del Partido de Corcubión, chegando a dirixir a súa publicación, Alborada e na Sociedade Nacionalista Pondal.

En maio de 1929 creou con Manuel Oliveira Viqueira e Francisco Regueira a Institución Cultural Gallega, protectora do Seminario de Estudos Galegos.

Para quen queira coñecer máis datos da súa historia, compartímosvos o enlace á Tese Doutoral que Miro Villar, Doutor en Teoría da Literatura e Literatura Comparada, profesor de lingua e literatura galegas, ademais de poeta, narrador, tradutor e crítico literario en diversas revistas e publicacións periódicas, realizou sobre o noso poeta local:
https://minerva.usc.es/xmlui/bitstream/handle/10347/2426/9788498870480_content.pdf;jsessionid=5321AF944776DA157166C1EB226344DB?sequence=1

Foi precisamente en colaboración con Miro Millar, con quen, o Concello de Laxe, no 2004, editou varios exemplares facsímile da obra de Zapata "A roseira da soidade", que reproducían a orixinal editada no 1954 na Coruña, pouco despois do falecemento de Zapata.


Un concerto para escoitar e gozar que, no caso de que a climatoloxía o permita, tal e como parece que será, desenvolverase nun entorno provilexiado, como o é a Praia dos Cristais de Laxe, e que se fará coincidir, como de costume, cun dos momento do día máis fermosos e tenros que teñen sido fonte de inspiración de diversos poemas, o solpor no mar. 
Todos estes elementos no seu conxunto, farán deste acto unha xornada con momentos inesquecibles que, agardamos, formarán parte da memoria de moitos e moitas.

BREVE RESEÑA DE PEPE PIÑA

PEPE PIÑA, compositor e músico galego da Movida dos 80, presenta o seu último traballo.

Nacido en Laxe. Aí tén as súas raíces familiares, de amizade, e marabillosos recordos de infancia e mocidade e onde segue ligado moi profundamente ó longo da súa vida.

Fundador, compoñente e compositor do grupo "Clave de Fado" no seu último proxecto, comeza en solitario tocando en pubs en Santiago.
Posteriormente funda "Semen Up" con Alberto Comesaña.
Máis tarde, en Lugo, reflota o grupo lucense "O Carro", engadindo cancións propias ao mesmo. En Vigo forma o grupo " Triceratops" e posteriormente "Haceros del Norte".
Na Coruña forma "Cosecha Roja", baseado totalmente en temas propios.
Na actualidade é cantante, guitarra e percusionista  do grupo de jazz "Taninos Maduros Jazz Band" de Sarria.

DO DISCO "CAMINOS DE TIERRA"

Despóis do seu primer disco en solitario “Con el paso cambiado” , lanza agora este novo disco: “Caminos de tierra”, sétimo da súa traxectoría gravando con outros grupos como –Clave de Fado, - O Carro, - Semen up, etc…

“Caminos de tierra” refírese á facilidade con que se percorre o camiño cando o día é bo, e o penoso que pode chegar a ser cando polas adversidades énchese de barro e pedras....ou sexa, unha metáfora da vida.

Letras comprometidas coas situacións que se van afrontando na vida, demostran a madurez das mesmas desde todos os puntos de vista.

Un concerto pleno de matices acompañado polos músicos que gravaron no disco e que forman parte do grupo, así como diversas colaboracións.

  • Voz, coros, guitarra acústica, guitarra española (Pepe Piña)
  • Baixo eléctrico (Iván Vázquez)
  • Batería (Cristóbal Castro)
  • Saxo, clarinete, traveseira, trompeta (Miguel Martínez “Rulos”)
No disco, composto por temas propios en música e letra, tócanse de forma sensible temas como a violencia, a pobreza, a marxinación e como non….. o amor e o desamor.



O concerto, como outras das programacións culturais do verán laxense forma parte das actuacións subvencionadas a través do programa da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Portal cidadán de Laxe © by Abertal