"DILLO BEN BONITO" SAN VALENTÍN 2020

Dende o 31-01-2020 ata o 29-02-2020

Aínda que entendemos que as dedicatorias de amor, sexan de parella, de amizade ou a familiares, non deben facerse tan só un día ó ano, senón máis ben todo o contrario... Tomando como pretexto que este día existe e a súa popularidade, dende o Departamento de Cultura do Concello, propoñemos esta iniciativa para conmemoralo pero, sobre todo, para promover entre a poboación, a composición de textos breves, que destaquen  pola súa fermosora, de textos con corazón , de textos con sentimento.
Pretendemos que compartades con nós que “tendes o corazón ateigado”, que “estades namorados”, que nos fagades participes da vosa ledicía... queremos, en definitiva, coñecer os vosos sentimentos expresados en formato de texto en prosa breve, a modo de dedicatoria.
A norma máis importante, sentir o que se escriba, amosar os sentimentos, compartir o voso corazón a través das palabras, con ou sen rima, con ou sen métrica, con ou sen estrofa... PARTICIPA E “DEDICA AS TÚAS PALABRAS CON SENTIMENTO A TÚA PARELLA, Ó TEU AMOR PLATÓNICO, ÁS TÚAS AMIZADADES, ÓS TEUS FAMILIARES POR ESCRITO”.

Con este texto, introducimos o que serán as BASES DE PARTICIPACIÓN desta nova iniciativa posta en marcha este ano dende a Concellería de Cultura, da que a súa responsable é a Concelleira Raquel Lema Allo.

O luns faremos públicas as bases que rexerán esta "competición" de textos breves de amor, a modo de dedicatoria que fundamentalmente se desenvolverá a través da REDE SOCIAL DO FACEBOOK, e máis en concreto a través da recén creada páxina específica para as novas vinculadas á Biblioteca Municipal Antón Zapata, iniciativa coa que tamén pretendemos dar a coñecer e incrementar o seu número de seguidores.

Portal cidadán de Laxe © by Abertal