APRAZADADO O VIII MERCADO PIRATA DO CONCELLO DE LAXE DEBIDO Á PANDEMIA DA COVID19

Dende o 14-07-2020 ata o 31-08-2020

COMUNICADO DO CONCELLO DE LAXE

 

O Concello de Laxe comunica que aínda que tiña programado e iniciados os trámites para poder celebrar a VIII edición do seu mercado temático de verán durante a fin de semana do 31 de xullo, 1 e 2 de agosto do 2020, finalmente este aprazarase ata o 2021 como medida preventiva.

Dende o concello, lamentamos que dita actividade non poida celebrarse, pero tamén comunicamos que esta decisión, tómase en base a priorizar o benestar e a saúde de toda a veciñanza así como das persoas que cada verán nos visitan, tendo sempre en conta as recomendacións sanitarias de cara a prevención da propagación da pandemia.

Así mesmo, temos o compromiso de seguir traballando dende xa na vindeira edición do 2021 coa idea de que este evento que leva celebrándose en Laxe 7 anos consecutivos, creza e mellore na súa vindeira edición.

Por outro lado, informamos de a partir do xoves 16 de xullo desta semana, arricaremos a programación cultural do verán laxense con espectáculos culturais diversos celebrados ó aire libre pero en recintos e por tempos moi delimitados, nos que, en todo caso, se garantirán en todo momento as medidas preventivas que permitan garantir a seguridade e saúde para todo o público asistente.

A publicidade farase na maior brevidade posible e nela comprobarase que certas actividades da programación cultural do verán laxense xa consolidadas como é o caso do Certame da Canción Mariñeira, decidiuse aprazar tamén ata o 2021 de maneira consensuada co Presidente da Asociación de Amigos da Coral Polifónica Municipal Atalaia de Laxe, tanto polas razóns comentadas anteriormente, así como tamén pola falta de ensaio previo por parte dos grupos musicais e corais durante todo o período do confinamento.

Laxe, 14 de xullo de 2020

Portal cidadán de Laxe © by Abertal