ESPECTÁCULOS DE DANZA EN LAXE

Dende o 21-04-2022 ata o 24-04-2022

ESPECTÁCULOS DE DANZA EN LAXE ESTE SÁBADO 23 DE ABRIL EN LAXE, ÁS 12.00 hs. NA PRAZA DOS VOLUNTARIOS (se chovese, no Pavillón Polideportivo)

CARTEL REDES

Con motivo de conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DA DANZA neste mes de abril do 2022, que a UNESCO fixou dende o ano 1982 o 29 de abril, esta fin de semana, A DEPUTACIÓN DA CORUÑA achega ata Laxe dous espectáculos de DANZA DE COMPAÑÍAS GALEGAS: Elahood e Kirenia Danza.

Con posterioridade ás representacións, os e as artistas, terán un encontro co público que estará mediado por Marcia Vázquez.

MÁIS INFORMACIÓN DO PROGRAMA ESCORA

ESCORA é un proxecto da Deputación da Coruña que busca visilibizar o traballo artístico das compañías de danza galegas, con accións de proximidade que presentan unha oportunidade de achegar a danza a espazos pouco habituais para esta disciplina artística.

A danza contemporánea percorre A Costa da Morte esta fin de semana, tomando o mar como atrezzo e conectando os corpos coa natureza, a través de obras que teñen un importante vínculo coa lingua e coa memoria. Así é a filosofía do programa ESCORA da Deputación da Coruña, que levará 6 compañías de danza a 6 concellos da Costa da Morte, entre os que se atopa o noso Concello.

O proxecto ofrece tres días cheos de danza, con intervencións nas mañás e nas tardes, convidando aos públicos a facer unha ruta pola Costa da Morte, comezando en Fisterra o venres 22 de abril pola mañá e rematando en Malpica de Bergantiños o domingo 24 de abril pola tarde. Deste xeito, ESCORA preséntase como punto de encontro para as artes escénicas, a danza, a paisaxe, o patrimonio, a lingua e a comunidade.

Os espazos escollidos son non convencionais, xerando a oportunidade de achegar a danza ás prazas, á rúa, á pedra, con vontade de presentar unha programación de proximidade para públicos diversos. Seguindo esta intención, unha vez rematadas as intervencións artísticas, haberá un encontro coas artistas e co público, un espazo de intercambio e proximidade mediado por Marcia Vázquez e Sabela Ramos.

Máis información:

Portal cidadán de Laxe © by Abertal