CURSO TEÓRICO E PRÁCTICO DE FOTOGRAFÍA | 8, 15, 22 e 29 de abril Inscrición

Estado: Inscricións Abertas Dende o 08-04-2017 ata o 29-04-2017

A Concellería de Comercio, Hostalería e Turismo de Laxe abre o prazo de inscrición para participar nun CURSO TEÓRICO E PRÁCTICO DE FOTOGRAFÍA titulado “Fotos da natureza, da paisaxe ao macro”

Cando vai ser?

Será tódolos sábados do mes de abril (8, 15, 22 e 29) de 10.00 a 13.00 horas no Museo do mar de Laxe, pero tamén incluirá saídas fotográficas por Laxe.

QUEN IMPARTIRÁ O CURSO?

O curso será impartido por Martín Casanova, coñecido fotógrafo, profesor e experto en didáctica fotográfica. É ademáis presidente da Asociación Fotográfica Olláparo.

QUE SE APRENDERÁ NO CURSO?

Realizarase coñecemento da cámara, do control da luz e dos recursos expresivos. Primeiro estudarase e despois levarase á práctica a técnica e a creatividade nas imaxes da natureza.

Quen pode participar?

Calquera persoa afeccionada á fotografía que sexa maior de idade.

Cantas prazas hai?

20 prazas

É necesario inscribirse?

Si. Podes incribirte chamando ao 981 706 965 ou directamente na páxina web www.concellodelaxe.com/turismo

Hai que pagar?

Non, o curso non ten custe para as persoas asistentes

Hai que levar algo?

Si. Cada participante levará a súa propia cámara de fotos, sexa réflex ou compacta.

Portal cidadán de Laxe © by Abertal