Establecer un pago de 2.500 euros por cada nacemento ou adopción que teña lugar en territorio español a partir do 1 de xullo de 2007 para as persoas que cumpran os requisitos.Nos casos de nacementos ou adopcións múltiples, cada fillo ou menor orixinará o dereito á percepción de 2.500 euros. A contía será de 3.500 euros por nacemento ou adopción no caso de familias numerosas ou asimiladas e familias monoparentais.
Pódese acceder á axuda a través de dúas vías:
Como dedución fiscal -que se poderá cobrar anticipadamente- de 2.500 € anuais na cota do IRPF cando concorra algunha das seguintes circunstancias:
oQue realice unha actividade por conta propia ou allea pola cal estea dado de alta na Seguridade Social ou mutualidade no momento do nacemento ou a adopción.
oQue obtivera durante o período impositivo anterior rendementos ou ganancias de patrimonio suxeitos a retención ou ingresos a conta, ou rendementos de actividades económicas polos que se efectuaran os correspondentes pagos fraccionados.
Como prestación non contributiva da Seguridade Social de 2.500 €, no suposto de non cumprir os requisitos establecidos na letra a) anterior. Esta prestación poderá ser compatible con outras prestacións familiares da Seguridade Social pero é incompatible coa dedución fiscal.
Con carácter xeral a beneficiaria será a nai. Únicamente será o pai no caso de falecemento da nai sen ter solicitado o abono dos 2.500 euros. Con todo, a nai poderá ceder ao pai o cobro.
Nos casos de adopción por unha sola persoa beneficiaria será esta con independencia do seu sexo.
Nos casos de adopción por parellas do mesmo sexo, a persoa beneficiaria será aquela que os membros da parella determinen de común acordo.
É imprescindible que a persoa beneficiaria, tanto española como estranxeira, teña residido de forma efectiva e continuada en territorio español os dous anos inmediatamente anteriores ao feito do nacemento ou adopción.
A solicitude da percepción de forma anticipada da dedución fiscal no IRPF ou da prestación non contributiva da Seguridade Social poderase efectuar a partir da inscrición do fillo/a no Rexistro Civil. Calquera variación deberase comunicar no prazo de 15 días desde que se produza.
Aberto todo o ano
<< | < | Xaneiro de 2015 | > | >> | ||
---|---|---|---|---|---|---|
L | Ma | Mé | X | V | S | D |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |