Presentación

Moto Club Laxe

O Moto club Laxe, é unha Asociación -Peña con Sede Social na Vila de Laxe. Nace como consecuencia do interese dun grupo de amigos polo mundo da moto e a realización de actos relacionados con elas (concentracións, saídas, etc).

A Asociación atópase inscrita no Rexistro Central de Asociacións da Xunta de Galicia co número 2008/012406-1(SC), así mesmo tamén se atopa inscrita no Rexistro de Asociacións do Excmo. Concello de Laxe.

Todo o mundo pode pertencer ó Moto Club, téñase moto ou non, tan só basta que lle guste o mundo das motos. Se tes moto ou tes quen che leve, poderás gozar das saídas, sempre asumindo as normas de tráfico.

Un dos nosos obxectivos é a realización dunha concentración moteira todos os anos no mes de xullo.

Actualmente o Moto Club conta cuns 25 Socios, aínda que día a día imos crecendo. A maioría somos do propio concello aínda que tamén hai socios dos concellos limítrofes.

Se queres ser Socio ou tes algunha dúbida ou tan só contactar connosco, podes facelo a través do correo electrónico: m.c.laxe@hotmail.com


Directiva

A actual directiva da Asociación Moto Club de Laxe está integrada polos seguintes cargos:

PRESIDENTE: Julio Gómez Suárez

VICE-PRESIDENTE: Juan Manuel Mouzo Durán.

SECRETARIA: Mª Yolanda Porras Vázquez.

TESOUREIRA: Mª Yolanda Porras Vázquez.

VOGAL: José Manuel Porras Vázquez.

VOGAL: Estrella García Lema.


Portal cidadán de Laxe © by Abertal