Saúda

O Noso Alcalde

Como Alcalde deste Concello, e en nome de tódolos veciños, é unha satisfación saudar a tódolos/tódalas internautas que, a través da rede, se interesan pola nosa vila.

O Laxe de hoxe ten un desexo de estar presente na sociedade da información e ademais mellorar a súa presencia. Pretendemos que esta web, sexa un lugar de encontro do Concello cos cidadáns ofrecéndolle outra forma de acceder ós Servicios Municipais para informarse máis axeitadamente, realizar consultas e tamén poder expresar as vosas suxerencias. Resposta ademais á necesidade de seguir evolucionando, mellorando os seus contidos e ampliándoos para poder facilitar a máis ampla información ó internauta que decida contactar connosco dentro dunha clara vontade de ofrecer cada día mellores servicios, de dar a coñecer proxectos e obxectivos e todo permanentemente actualizado.

O laxense, e gran poeta galego, D. Antón Zapata describía a nosa vila coas seguintes palabras

" De pesca mariñeira tén a lanzal feitura,
e, de outo señorío, tamén prestanza acesa:
pol-o abolengo, pode ser céltica princesa,
pois, n-ela, de Altamira, o embrema aínda figura".


A través deste percorrido virtual atoparedes información sobre Laxe, testemuña viva da historia e de recoñecido valor turístico pola súa beleza. A nosa vila é principalmente mariñeira e turística, onde a xente que nos visita ten a sorte de gozar de estupendas festas estivais cun amplo programa de actividades para o tempo de lecer e dunha rica gastronomía. A nosa paisaxe está inundada de contrastes e así, xunto a unha costa acantilada e rochosa que presenta formas que semellan esculturas, temos praias ideais para o baño e outras que reúnen unhas condicións axeitadas para a práctica do surf.
Espero que esta web, na que participaron tódolos servicios municipais, vos resulte atractiva no seu deseño, interesante nos seus contidos informativos e sirva para que este pobo sexa máis coñecido. Estariamos moi satisfeitos se Laxe ten cada vez máis amigos interesados nas nosas posibilidades en todos os campos e en coñecer o noso patrimonio histórico, monumental, artístico, paisaxístico, gastronómico, turístico. Si ademáis de esto, deciden visitarnos, sexan benvidos.
Gracias por nos visitar e recibide un cordial saúdo.

José Manuel Mouzo Castiñeira
Alcalde do Concello de Laxe


Portal cidadán de Laxe © by Abertal