Área de Servizos Sociais e Conciliación persoal, laboral e familiar

Obxectivo Xeral 1
Difundir e mellorar os servizos de atención á muller e poñer á disposición das mulleres mecanismos que lles permitan que a conciliación persoal, laboral e familiar sexa unha realidade máis próxima.

Obxectivo Específico 2.1:
Informar e sensibilizar sobre as situacións de desigualdade nas que seguen vivindo as mulleres e das maneiras de superalas.
Actuacións
* Realizar un estudo prospectivo de xénero sobre o coñecemento, utilización e destinatari@s dos Servizos Sociais (para coñecer a situación social das mulleres e as causas do proceso progresivo da feminización da pobreza)

Obxectivo específico 2.2:
Informar as mulleres sobre os seus dereitos, axudas, prestacións e recursos sociais existentes e sobre a forma de acceso aos mesmos.
Actuacións
* Publicación dunha guía de recursos sociais que recolla a totalidade da oferta dos servizos sociais socio-comunitarios
* Proseguir coa información e orientación que se efectúa coas mulleres de modo personalizado a través dos Servizos Sociais, sobre as posibilidades de utilización e acceso aos recursos
* Seguir informando e asesorando xuridicamente ás mulleres de maneira gratuita respecto do exercicio dos seus dereitos
* Concienciar ás mulleres con dificultade para ler e escribir sobre a necesidade de superar esta etapa de formación como medio de integración social
* Realizar unha campaña de concienciación sobre as dificultades que se engaden ao analfabetismo instrumental e funcional e de información dos programas existentes de alfabetización
* Creación dun Punto de Atención Infantil ou Ludoteca

Obxectivo específico 2.3:
Sensibilizar e concienciar a poboación e a profesionais implicad@s no tema da Violencia de Xénero acerca da mellora das condicións de atención das víctimas de malos tratos e/ou agresións sexuais e acoso sexual, e da coordinación das diversas actuacións institucionais para dotalas de maior eficacia, co fin de conseguir progresivamente acabar con este tipo de violencia.
Actuacións
* Crear un instrumento de estudo estadístico universal e homoxeneizado que facilite a recollida de datos institucionais, sociais, forenses/legais, policiais e hospitalarios involucrados que permita analizar a incidencia real e a situación desta problemática
* Sensibilizar tanto á población xeral como a profesionais implicad@s, alentando a formulación de denuncias
* Concienciar a xuventude das diferentes manifestacións da Violencia de xénero: acoso, malos tratos, violación, agresión, etc


Portal cidadán de Laxe © by Abertal