Presentación

O Departamento de Deportes do Concello de Laxe é o departamento encargado de ofertar diferentes actividades deportivas para os veciños e veciñas de Laxe.

A súa actividade realízase principalmente no Pavillón Municipal de Luns a Venres durante toda a tarde. Asímesmo algunhas das actividades deportivas tamén se realizan no Centro Social Municipal de Traba.

As escolas deportivas municipais están plantexadas pensando que o deporte debe ser un servicio público, asequible a tódalas persoas independientemente da súa idade, sexo e condición física.

As escolas deportivas municipais desde a súa función educativa/deportiva combinan distintos aspectos:

ASPECTOS DEPORTIVOS:
-A iniciación deportiva.
-O perfeccionamento.
-A tecnificación.

ASPECTOS EDUCATIVOS:

-Transmisión de valores (Solidaridade, compañeirismo,....).
-Educación para a saúde.
-Alternativa ó tempo libre.
-Integración social.

As escolas son un soporte fundamental na estructura deportiva local, posto que é o inicio do entramado deportivo, a súa actuación dinamizadora será o xermen do asociacionismo deportivo, elemento básico para unha correcta política deportiva municipal.

A actual responsable deste departamento é ANA MARÍA HERMO VALES, CONCELLEIRA DELEGADA DE DEPORTES, FESTAS, HOSTALERÍA E COMERCIO.


Portal cidadán de Laxe © by Abertal