Presentación

Sala Infantil Biblioteca

A biblioteca é un compoñente esencial de calquera estratexia a longo prazo para a cultura, a provisión de información, a alfabetización e a educación. A Concellería de Cultura, conscente da súa importancia e co obxectivo de que os nosos veciños, así como os numerosos visitantes que recibe o noso Concello, acaden o máximo aproveitamento dos recursos e servicios bibliotecarios, tratara sempre de potenciala dentro das súas posibiblidades orzamentarias.

Ademáis é o noso obxectivo tratar de dar resposta ás necesidades formativas, informativas, culturais e de acceso ás novas tecnoloxías no noso medio rural coa creación de axencias de lectura nas parroquias. Un sistema municipal de bibliotecas ben concebido pode ser un remedio ós problemas de exclusión do medio rural. Na actualidade están en funcionamiento a Axencia de Lectura de Traba no lugar de Melgueiras parroquia de Traba e a Axencia de lectura de Torrexallóns no lugar de A Torre parroquia de Sarces.


Contacto

Bibliotecario:
Xosé A. Esmorís Gómez

Enderezo:
R/ Villa amparo, nº 23
15.117 Laxe A Coruña

Teléfono: 981 706 967
Fax: 981 706 916
Contacto Electrónico: biblioteca@concellodelaxe.com


Portal cidadán de Laxe © by Abertal