Usuarios das bibliotecas

Artigo 8º.-Acceso á biblioteca.

Recoñéceselle a tódalas persoas o dereito a acceder en condicións de igualdade e sen discriminacións ás dependencias das bibliotecas municipais e a obteren información sobre os seus servicios e sobre os procedementos de utilización. O exercicio dese dereito e libre é gratuíto.

Artigo 9º.-Normas en sala para usuarios.

1.-A consulta en sala poderá realizarse por calquera persoa sen necesidade de ser socio das bibliotecas.

2.-As persoas que utilicen os servicios da biblioteca están obrigadas:
a) A respectaren os dereitos dos outros usuarios/as.
b) A axustaren a súa conducta ós principios democráticos de convivencia, ás disposicións que contén este regulamento e ás intruccións que en execucción del dicten as autoridades municipais ou lles dean os traballadores responsables das bibliotecas.
c) A preservaren a integridade dos libros, materiais e instalacións das bibliotecas e a faceren un uso adecuado deles.

3.- Os fondos bibliográficos serán de libre acceso a excepción dos materiais especiais contidos nas vitrinas que se poderán consultar previa solicitude.

4.- O persoal responsable das bibliotecas adoptará as medidas precisas para garanti-la boa orde nas salas de lectura e poderá excluír delas ás persoas que, por calquera motivo, a alteren.

5.- Non está permitido comer nin fumar nas salas así como tampouco non está permitido a entrada de bolsos de gran tamaño, mochilas ou similares que deberán deixarse na entrada da Biblioteca, non facéndose responsable o persoal en ningún caso.

6.- Os teléfonos móbiles deberán permanecer apagados.


Artigo 10º.-Uso dos equipos en sala:

1.- O usuario deberá ser socio das Bibliotecas e ter cumprido os 12 anos de idade para a utilización dos equipos de audiovisuais.

2.- Os diversos equipos poderanse utilizar na sala de audiovisuais previa cita de día e hora ou ben directamente cando se atopen libres.

3.- No que á informática se refire, tan só se poderán utilizar documentos propios da Biblioteca.

4.- Para a consulta en Internet para uso dos socios serán os maiores de 12 anos e os menores de 12 terán que cubrir unha autorización asinada polos paiai ou titor ou estar acompañados por algún deles.

5.- Non estará permitido o chateo nin o xogo xa que o uso fundamental será a busca de información ou temas culturais. Se algún usuario se aparta destas directrices, o persoal das bibliotecas poderá rematala sesión de Internet.


Artigo 11º.-Do carné de socio

1.- Para se poder beneficiar do servicio de préstamo individual, e uso de equipos en sala o usuario deberá dispoñer dun carné de socio.

2.- Para obtelo carné de socio será preciso presentar unha solicitude, coa que se achegará unha fotocopia do documento nacional de identidade se é que a persoa está obrigada a telo, ou documento equivalente é unha fotografía.

3.- O carné será válido para tódalas bibliotecas que formen parte do Sistema municipal de bibliotecas.

4.- O carné de socio é persoal polo que, por norma xeral, non se poderán levar libros con carnés doutros usuarios con excepción feita daqueles que traian un permiso xustificado para tal fin e os pais de menores de 10 anos que poderán retirar libros cos carnés dos seus fillos sempre que vaian dirixidos a ditas idades.

5.-O primeiro carné será gratuíto, caso de perda o usuario pagará 1 euro para obter unha segunda copia.

6.- Os socios comprométense a notifica-los cambios de identidade, enderezo ou teléfonos que poidan ter dende o momento de faceren o carné de socio.

Artigo 12º.-Préstamos a domicilio.


1.-Os socios das bibliotecas poderán levar en préstamo os fondos bibliográficos ou audiovisuais, se é o caso, mediante a presentación do carné de socio que será válido para tódalas bibliotecas municipais con independencia do punto no que estea rexistrado como tal.

2.-Cada socio poderá levar 2 libros. Os materias especiais só poderán ser consultados en sala.

3.-Os libros prestaranse durante un período de 15 días e poderanse renovar unha vez. Cando o número de páxinas sexa importante.


Portal cidadán de Laxe © by Abertal