Presentación

Benvidos á seccion web da aula de Informática do Concello de Laxe. A súa función principal é a de achegar ó usuario as novas tecnoloxías e amosarlle as maravillas que nelas se esconden. Para iso, a Aula Municipal de Informática conta con:

* 6 equipos informáticos Pentium III a 1,1 Ghz e 128 Mb RAM
* 5 equipos informáticos Pentium IV a 2,80 Ghz e 480 Mb RAM
* Conexión de alta velocidade a Internet gratuíta
* Impresora laser de alta definición

Ademáis dun alfabetizador dixital que lle prestará axuda en todo o necesario para que “a viaxe” sexa o mais agradable posible.

Outra función da Aula Municipal de Informática é a de impartir cursos tanto para os iniciados como para os non iniciados ó mundo da informática.
Tamén se realizan actividades cos máis maiores, ensinandolles o funcionamento do ordenador, utilización do procesador de textos e, para os máis atrevidos, a navegar por Internet.

Concluíndo, a Aula Municipal de Informática é un recurso de todos e para todos.!!Non o desaproveite!!


Portal cidadán de Laxe © by Abertal