Obxectivo Xeral 1:
Promover a Igualdade de Oportunidades de forma normalizada e integral mediante a información e a sensibilización da poboación laxense no seu conxunto.
Obxectivo Específico 1.1:
Informar e sensibilizar sobre as situacións de desigualdade na que seguen vivindo as mulleres e das maneiras de superalas.
Actuacións
* Organizar ciclos, charlas, xornadas, cursos, etc. sobre a temática de xénero
* Crear a figura no Concello da Técnica en Igualdade de Oportunidades
* Elaborar un estudo sociolóxico con perspectiva de xénero e difusión dos datos e as conclusións
* Aproveitar a futura Radio Municipal como medio de difusión de campañas informativas sobre a Igualdade de Oportunidades, para a realización de programas que teñan contidos de interese específico para as mulleres e para convocar a cursos, charlas, actividades, etc.
* Introducir normativa municipal conforme coa normativa autonómica, estatal e internacional en relación á promoción da Igualdade de Oportunidades
* Crear un Foro pola Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes na páxina web do Concello
Obxectivo Específico 1.2:
Concienciar o persoal da Administración Local da discriminación existente na nosa sociedade que dificulta o proceso de plena equiparación da muller e sensibilizala para que fomente a igualdade de oportunidades.
Actuacións
* Introducir contidos específicos de xénero nos cursos de reciclaxe do personal
* Elaborar unha guía, ou utilizar unha que xa estea feita, de recomendacións para eliminar a terminoloxía sexista dos textos legais, impresos e folletos que se elaboran desde o Concello, así como da páxina web, ou calquera outro medio de comunicación ou información da administración.
<< | < | Febreiro de 2021 | > | >> | ||
---|---|---|---|---|---|---|
L | Ma | Mé | X | V | S | D |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |