15/06/2017 Convocatoria de curso preparatorio, na modalidade de teleformación Competencias Dixitais en Ofimática

Destinatarios: Persoas maiores de 16 anos ou que os cumpran antes do remate do prazo de inscrición.

Número de prazas: 180.

Duración: 12 semanas (190 horas lectivas).

Modalidade: teleformación titorizada a través da plataforma EMA da rede CeMIT.

Datas de realización: do 4 de setembro ao 26 de novembro de 2017.

No curso desenvolveranse os seguintes temas:

• Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (30 horas).
• Aplicacións informáticas de tratamento de textos. LibreOffice Writer (30 horas).
• Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice Calc (50 horas).
• Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice Base (50 horas).
• Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. LibreOffice Impress (30 horas).

Prazo de presentación de solicitudes: ata as 14:00 horas do 21 de xuño de 2017

Enlaces:

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170614/AnuncioG0177-070617-0001_gl.pdf

https://cemit.xunta.gal/es/codix

Portal ciudadano de Laxe © by Abertal