O Concello de Laxe dá a coñecer, de xeito oficial, o calendario de 2024, que chegará a todos os fogares do municipio.
Nesta ocasión, quixemos facer unha pequena homenaxe ao imprescindible papel que as mulleres desenvolveron na sociedade ao longo da historia.
Por e para elas, que estiveron sempre presentes e traballando incansablemente nas fábricas, nas hortas, na casa, na familia...
Agardamos que vos guste o resultado final e que nos axude a ter presente, cada día, que todas elas forman parte da nosa historia, da historia de Laxe.
Descárgao íntegro no documento: