29/08/2016 INFORMACIÓN SOBRE AS VISITAS AO MUSEO DO MAR DE LAXE

O domingo 29 de agosto de 2016 o museo pechou as súas portas ao público xeral con récord de visitantes desde o ano da súa apertura no 2011. Agradecemos enormemente a tódolos usuarios que pasaron este verán polo museo o cariño e os parabéns recibidos.

Agardamos que, co paso dos anos, este museo vai sendo cada día máis coñecido e que sexan moitos máis os que o visiten xa que consideramos que é unha ferramenta moi útil e moi práctica de achegarse a Laxe, a súa historia e a idiosincrasia das súas xentes. 

O que máis destacaríamos deste verán 2016 é o absoluto descoñecemento que tiñan as persoas que pasan as súas vacacións connosco da situación pola que atravesa a praia de Laxe.

A través dalgunhas fotografías do Arquivo fotográfico Vidal que se expoñen na pantalla da Planta Baixa, o encargado do Museo do Mar de Laxe (Joaquín Vidal Martínez) puido explicar aos usuarios do museo a transformación do territorio de Laxe desde hai máis dun século. 

A maioría dos visitantes do museo descoñecían que as dunas formáronse de forma artificial a causa da construción do porto e que a a nosa praia urbana era, antes da guerra civil, completamente plana. 

A partir de setembro de 2016 e ata a semana santa do 2017, o museo abrirá só para grupos organizados compostos dun mínimo de 25 persoas. A visita deberá ser concertada mediante cita previa tal e como se indica no apartado de Horario e Contacto. 

Para calquera consulta relacionada co Museo do Mar de Laxe no dubiden en poñerse en contacto no enderezo de correo electrónico museo@laxe.es.

Laxe, 29 de agosto de 2016.

Portal cidadán de Laxe © by Abertal