07/12/2016 O LAXENSE PABLO LEMA PAZ GAÑA O PRIMEIRO PREMIO NA RAMA DE REFRIXERACIÓN NA COMPETICIÓN GALICIA SKILLS 2016

Este ano 2016, Galicia Skills reuniu a cen alumnos de corenta centros educativos de FP de Galicia preparados por 77 profesores. Foron tres xornadas (30 de novembro, e 1 e 2 de decembro) no Recinto Feiral de Silleda para que a FP galega promocionase e galardonase os seus talentos. Foi a primeira vez na que os alumnos puideron competir no mesmo lugar e á vez. Algo que foi de agradecer. 

O laxense Pablo Lema Paz, do IES Universidade Laboral (O Burgo - Culleredo), alzouse co primeiro premio na rama de Refrixeración. Só tres alumnos da área educativa da cidade da Coruña obtiveron o primeiro premio, sendo pablo un deles. 

¿Qué é Galicia Skills?

Galiciaskills é o campionato galego da formación profesional que se celebra cada dous anos e consiste no desenvolvemento dunha serie de competicións relacionadas coas distintas especialidades da formación profesional, nas que os participantes han demostrar a súa competencia profesional e medir as súas destrezas con alumnado de distintos centros de Galicia na realización das correspondentes probas.

O alumando gañador de cada competición participará en el campionato nacional Spainskills e as medallas de ouro deste campionato participarán posteriormente no campionato internacional Worldskills e no europeo Euroskills.

Spainskills e Worldskills celébrase no mesmo ano, nos impares, e Euroskills nos anos pares.

As skills son as especialidades ou profesións en que haberá competición e que se corresponden cun ciclo formativo (ou con máis) das familias profesionais. A duración de cada competición estará entre media e unha xornada, segundo as características das probas que se teñan que desenvolver.

Portal cidadán de Laxe © by Abertal