23/03/2017 Plan Renove de instalacións eléctricas

A Consellería de Economía, Emprego e Industria convoca Subvencións en réxime de concorrencia non competitiva, relativa ao Plan Renove de instalacions eléctricas comúns, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión e se convocan para a anualidade 2017 (publicado no DOG núm. 52, do 15/03/2017).

O prazo de presentación de solicitudes de adhesión de entidades colaboradoras será de 10 días hábiles a partir do seguinte a publicación desta orde  no Diario Oficial de Galicia. O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o día 2 de maio de 2017 e finalizará o 1 de setembro de 2017, agás que se produza o suposto esgotamento de crédito.

As entidades colaboradoras  do Plan Renove de instalacións eléctricas comúns son as encargadas de tramitar a solicitude (facer a reserva dos fondos, presentar a solicitude e presentar a documentación xustificativa da actuación).

Actuacións subvencionables: a reforma das instalacións eléctricas comúns dos edificios de máis de 25 anos destinados principalmente a vivendas para adaptalas na súa totalidade ao Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo qeu se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión e as súas ITC.

Isto inclúe a reformas das instalacións de enlace (desde a caixa xeral de protección, ou caixas xerais de protección, incluídas estas, ata os cadros xerais das instalacions receptoras dos usuarios), a toma de terra, o cadro de servizos comúns, as portas RF e as instalacións correspondentes aos servizos xerais do edificio.

Considérase subvencionable a substitución de chaves e interrruptores convencionais por detectores de presenza. Considérase tamén custos subvencionables os relativos a pequenas obras auxiliares de construción necesarias para acometer a instalacion, sempre e cando veña detallado na factura.  

Axuda: a contía da axuda ascenderá a un máximo de 150 euros por contador, cun límite máximo de 3,000 euros por instalación. En calquera caso, a cantidade de subvención non poderá ser superior ao 25 % do custo total da instalación.  

Máis información:

1.- Páxina web oficial da consellería: http://economiaeindustria.xunta.gal
2.- O teléfono da devandita dirección xeral: 881 99 94 29 / 881 99 92 83 /981 95 72 51
3.- O enderezo electrónico: ceei.dxem.axudasenerxia@xunta.gal
4.- Presencialmente

Portal cidadán de Laxe © by Abertal