23/03/2017 Programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas (TR349F)

Orde do 7 de febreiro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa II, de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas, e se convocan para o ano 2017 (DOG Nº 50, do 13 de marzo).  

Obxecto:

Incentivar á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas realizada polas persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia.

As contratacións polas que se solicita subvención deberán formalizarse e comunicarse á oficina pública de emprego na forma regulamentariamente establecida, e ter data de inicio comprendida entre o 1 de outubro de 2016 e o 30 de setembro de 2017 ambas inclusive.

Persoas Beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola primeira contratación que realicen con carácter indefinido durante o seu primeiro ano de actividade.

2. Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido nos tres primeiros anos de actividade.

Contías:

As contratacións indefinidas iniciais incentivaranse cunha axuda de:

Primeira persoa traballadora indefinida:

5.000 € cando se trate dun home desempregado.

Segunda e terceira persoa traballadora indefinida:

6.000 € cando se trate dun home desempregado. Estas contías poderán incrementarse nun 25%.  

Prazo de solicitudes:

Para as contratacións realizadas entre o 1 de outubro de 2016 e a data de publicación desta orde (13/03/2017) deberán presentarse no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte a data de publicación desta orde (13/05/2017).  

As axudas previstas polas contratacións subvencionables realizadas desde a entrada en vigor desta orde deberán solicitarse ata o último día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral indefinida pola que se solicita subvención.

O prazo para a presentación das solicitudes de axudas finalizará o 30 de setembro de 2017, aínda que nesa data non transcorrera o prazo sinalado no parágrafo anterior.

Portal cidadán de Laxe © by Abertal