05/05/2017 BANDEIRA AZUL NA PRAIA DE LAXE (VERÁN 2017)

O martes 9 de maio de 2017 deuse a coñecer, na roda de prensa mantida na sé da Organización Mundial do Turismo (OMT), o listado definitivo de praias e portos galardonados coa Bandeira Azul en 2017.

A Praia de Laxe contará de novo con este distintivo de calidade "Bandeira Azul" para este ano 2017.

No xeo-destino turístico da Costa da Morte estas son as praias que contarán coa Bandeira Azul:

  • A PRAIA DE LAXE.
  • A PRAIA DE CAIÓN (A LARACHA).
  • AS PRAIAS DE SAÍÑAS E PEDRA DO SAL (CARBALLO).
  • A PRAIA DO ÉZARO (DUMBRÍA)
  • A PRAIA DE LANGOSTEIRA - NORTE (FISTERRA).
  • AS PRAIAS DE BALARÉS, OSMO E ERMIDA (PONTECESO).


A CAMPAÑA BANDEIRA AZUL

Esta praia foi galardonada coa Bandeira Azul. A Bandeira Azul é un galardón ambiental concedido a aqueles concellos, que realizan un especial pulo na xestión do entorno litoral das súas augas interiores e/ou das súas praias, dun xeito respetuoso co medio ambiente e a natureza. Para obte-la Bandeira Azul, a comunidade local e as súas praias teñen que cumprir unha serie de criterios, que fan referenza á calidade das augas de baño, a información e a educación ambiental, a seguridade e os servizos e instalacións.  

Este pulo da comunidade local garantízalle poder visitar coa súa familia entornos limpos e seguros no litoral de mares e lagos a nivel mundial, así coma, contar con probas de que a comunidade local manten eixos para un desenvolvemente sostible.

ALGUNS DATOS SOBRE A BANDEIRA AZUL

A Bandeira Azul foi creada e é concedida pola FEE (Fundación para a Educación Ambiental), entidade privada constituida e representada por unha Organización Non Gubernamental ambiental en cada un dos 40 Estados participantes.  

• A Bandeira Azul é un galardón á calidade ambiental de praias e peiraos.

• Únicamente as autoridades locais poden solicita-la Bandeira Azul para praias.

• A Campaña promove a participación e cooperación en iniciativas ambientais voluntarias, por parte da cidadanía local e visitante e dos distintos axentes implicados no sector do turismo e no do medio ambiente.

• A Bandeira Azul para praias envolve principalmente 4 áreas principais:  

1) Calidade das augas de baño;
2) Información e educación ambiental;
3) Xestión ambiental;
4) Seguridade, servizos e instalacións.  

• Os criterios da Campaña van evolucionando e fanse progresivamente máis exixentes, de xeito que os concellos participantes na Campaña non decaian no seu esforzo para resolver aqueles problemas ambientais máis salientables relacionados coa obtención da Bandeira Azul.

• A concesión da Bandeira Azul só é válida cando se cumpren os criterios demandados. Se estes deixan de cumplirse en algún momento, os responsables da praia a nivel local están na obriga de arria-la Bandeira.

• Cada organización nacional membro da FEE, en España ADEAC, inspecciona en verán os emprazamentos con Bandeira Azul. A Coordinación Internacional, asemade, realiza visitas de control a unha mostra das praias galardonadas.

Portal cidadán de Laxe © by Abertal