25/06/2020 SERVIZO DE INFORMACIÓN "NOVASLAXE"

Email: novaslaxe@gmail.com

MÁIS INFORMACIÓN

IMPORTANTE:

  • Para poder recibir as informacións e novas a través das listas de difusión de NovasLaxe, É PRECISO QUE GARDES O NÚMERO DE TELÉFONO 657 771 006 COMO CONTACTO NO TEU TELÉFONO MÓBIL. Se non o fas, as mensaxes nunca chegarán ao teu teléfono.
  • Aínda que o número de teléfono coincide co vinculado ao anterior servizo de InfoLaxe, por problemas técnicos, perdéronse todos os contactos do terminal. Por este motivo, TODA PERSOA INTERESADA NO SERVIZO DEBE SOLICITAR UNHA NOVA ALTA en NOVASLAXE.
  • Para máis información e resolver as dúbidas sobre o funcionamento do servizo, póñase en contacto co Departamento de Cultura municipal, de luns a venres en horario de 09.00 a 14.00 horas no teléfono: 610 952 017, ou chamando ó teléfono xeral do Concello: 981 706 903.
  • Se nalgún momento desexa deixar de recibir a información e novas do concello por esta canle, simplemente debe remitir unha mensaxe na que indique: "Solicito a BAIXA no servizo".

Portal cidadán de Laxe © by Abertal