02/11/2020 PEL- REACTIVA: FONDO DE FINANCIAMENTO PARA A REACTIVACIÓN ECONÓMICA E SOCIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA

[Actualizado a 19 de novembro - última modificación] - Prazo de solicitude do 7 ao 25 de novembro ás 14:00h

O Concello de Laxe e a Deputación da Coruña cofinanciarán unha liña de axudas para autónomos con ou sen traballadores ao seu cargo e microcempresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, que se atopen nalgún dos supostos indicados a continuación:

- Grupo I: Que se visen afectados polo peche en virtude do disposto no RD 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, e a súa modificación aprobada no RD 465/2020, do 17 de marzo.

- Grupo II: Que non se visen afectados polo peche, pero cuxa facturación no segundo trimestre fiscal de 2020 se vira reducida, polo menos, nun 75% en relación coa media efectuada no semestre natural anterior á declaración do estado de alarma. Cando a persoa física ou xurídica non leve de alta os seis meses naturais esixido para a acreditar a redución os ingresos, a valoración levarase a cabo tendo en conta o período de actividade.

- Grupo III: Que se viran na obriga de acollerse a un ERTE (Expediente de Regulación Temporal de Emprego), nos termos establecidos no RD 465/2020, do 17 de marzo.PRAZO DE PRESENTACIÓN: pendente de publicación

LUGAR DE PRESENTACIÓN: vía telemática a través da Sede Electrónica do Concello de LAXE, utilizando o MODELO NORMALIZADO de solicitude dispoñible na sede.

GASTOS SUBVENCIONABLES: os gastos seguintes que foran realizados entre marzo de 2020 (incluido) ata o 31/12/2020.

- 601 Compra de material
Material antiséptico ou desinfectante, produtos hixiénicos e de limpeza

- 621 Arrendamentos e canons
Arrendamentos de maquinaria, vehículos, locais ou instalacións

* Gasto directo
*O arrendamento do local de negocio ou instalacións, sempre e cando non sexa parte da vivenda da persoa solicitante ou espazo compartidocon outra empresa e non exista relación de parentesco ata 2.º grao de consanguinidade ou afinidade co/a arrendador/a do local, nin sexa socio/a ou partícipe da persoa física ou xurídica que actúe como arrendador/a. Así mesmo, exclúense os espazos de coworking.
*O renting de maquinaria, máquinas, vehículos, etc.

- 622 Reparación e conservación

Adaptación de locais ás medidas de protección fronte á COVID-19 (biombos de protección, etc). Gasto directo

- 625 Primas seguros

Seguros de responsabilidade civil, seguros de accidentes. Gasto directo

- 628 Subministracións

Auga, gas, combustibles, electricidade. Gasto directoO IVE non se considerará en ningún caso gasto subvencionable.

Máis información:

BASES ESPECÍFICAS REGULADORAS DAS AXUDAS DE CONCELLOS ADHERIDOS AO FONDO DE FINANCIAMENTO PARA A REACTIVACIÓN ECONÓMICA E SOCIAL DA PROVINCIA

Data: 02/11/2020

Publícase as bases específicas reguladoras das axudas de concellos adheridos ao fondo de financiamento para la reactivación económica e social da provincia.

PRAZO DE SOLICITUDE

Data: 06/11/2020

Publícase a convocatoria de axudas contempladas dentro do PEL - REACTIVA no BOP da Coruña de 6/11/2020.

Prazo de presentación de solicitudes: 

O prazo de solicitude iniciarase a partir do día seguinte ao da publicación do presente extracto de convocatoria no BOP de A Coruña (desde o sábado 7 de novembro) e finalizará ás 14.00 horas do 25 de novembro de 2020.

ACLARACIÓNS SOBRE PEL-REACTIVA 2020

Data: 18/11/2020

Se publican dos documentos aclaratorios sobre el procedimiento de PEL-REACTIVA: FONDO DE FINANCIAMENTO PARA A REACTIVACIÓN ECONÓMICA E SOCIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA.


PREGUNTAS FRECUENTES PROCEDEMENTO PEL-REACTIVA 2020

Data: 19/11/2020

Publicamos un catálogo de Preguntas frecuentes sobre o procedemento PEL-REACTIVA que nos acaba de facilitar a Deputación Provincial da Coruña. 

Portal cidadán de Laxe © by Abertal