Sábado 22 de abril ás 18.00 horas, conferencia e coloquio con Xan Fernández Ca"/>

18/04/2017 PRÓXIMAS ACTIVIDADES SOBRE O FONDO FOTOGRÁFICO VIDAL

- Venres 21 de abril de 17.30 a 19.00 horas, proxección de fotografías antigas “A Costa da Morte na memoria”.

- Sábado 22 de abril ás 18.00 horas, conferencia e coloquio con Xan Fernández Carrera “Biografía e obra do fotógrafo José Vidal”

As próximas actividades do programa relaxese 2017 terán lugar esta fin de semana e centraranse no extenso Fondo Fotográfico Vidal composto por máis de 67.000 imaxes:  

O venres, de 17.30 a 19.00 horas proxectarase unha selección de fotografías sobre a Costa da Morte. Esta actividade está especificamente pensada para que os asistentes identifiquen lugares, persoas e costumes de toda a Costa, a través do Fondo Fotográfico.  

O sábado, ás 18.00 horas, haberá unha interesantísima conferencia do escritor e mestre Xan Fernández Carrera.

Esta conferencia estará estructurada en dúas partes fundamentais:  

A primeira parte estará centrada na biografía do fotógrafo José Vidal. Falará sobre a familia Vidal e a súa vida en Laxe. A continuación tratará as etapas da súa vida, dende a infancia e a mocidade, ata a madurez e posterior xubilación. Por último, analizarase a súa personalidade.  

Na segunda parte da conferencia, Xan Fernández centrarase na obra fotográfica de José Vidal. Neste apartado expoñeranos as características da súa obra. A continuación proxectarase unha escolma fotográfica centrada nas seguintes temáticas: as vilas, os traballos (oficios), a infancia (a escola), festas e romarías, sociedade (grupos), naufraxios, e fútbol.