21/03/2018 Omar Ríos Vigo, gañador do I Concurso de Carteis “Rosario da Boa Morte”

O xurado reunido para valorar os traballos presentados ó I Concurso de  Carteis “Rosario da Boa Morte”, fallou a proposta gañadora entre un total de 6 obras.  

No acto motivouse o traballo escollido, atendendo ó cumprimento íntegro das bases reguladoras. Así mesmo, o xurado reunido ó efecto, valorou a obra “Tradición” do autor Omar Ríos Vigo como a máis idónea para constituírse como cartel anunciador do Rosario da Boa Morte para este ano 2018, en base a criterios de orixinalidade, modernidade e diferenciación.  

O cartel impreso, será empregado para facer difusión turística da tan tradicional procesión do Rosario da Boa Morte, que se escenifica o Venres Santo en Laxe, e se constitúe no acto máis tradicional e concorrido da vila de Laxe no marco da celebración dos actos litúrxicos da Semana Santa.  

O premio, consistente nunha dotación económica de 200 €, será entregado ó gañador, polo Concelleiro de Turismo, o vindeiro venres 23 de marzo ás 19.00 horas nun acto público no Museo do Mar.

Portal cidadán de Laxe © by Abertal