07/07/2017 BASES XI CERTAME DE POESÍA "ANTÓN ZAPATA GARCÍA"

Debido á situación da pandemia da COVID-19 no noso concello durante o mes de agosto do 2021, decidimos por prevención, e porque así tamén o recomendaban as medidas sanitarias establecidas naquel entón, aprazar o acto de entrega do premios do Certame do ano 2021 que vimos denominando dende fai 15 anos como: “Solpor Poético e entrega de premios do Certame de Poesía”.
Por motivos de dispoñobilidade da compañía que este ano dinamizaría o acto, Compañía Queiman e Pousa co espectáculo “Un verso e un cantar”, vémonos na obriga de adiar o evento ata comezos do vindeiro ano 2022. En canto a compañía nos facilite a compatibilidade da súa axenda para o ano 2022, confirmaremos a nova data.

Portal cidadán de Laxe © by Abertal