04/08/2015 PRÉSTAMOS JEREMIE

O INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA CONVOCA:  

IG205: PRÉSTAMOS JEREMIE  

Finalidade: JEREMIE, é unha iniciativa da Comisión Europea desenvolvida xunto co Fondo Europeo de Investimentos. A súa finalidade é promover o uso de instrumentos de enxeñaría financeira para mellorar o acceso das PEMES ao financiamento a través das intervencións dos Fondos Estruturais. Esta iniciativa permite utilizar parte dos Fondos Estruturais europeos asignados para investir en instrumentos reembolsables como fondos de capital risco, de préstamo ou de garantía.

Para acometer proxectos de investimento produtivos no territorio galego, a Dirección Xeral de Proxectos e Fondos Europeos e o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) formulan a constitución dun instrumento financeiro, cofinanciado con fondos procedentes do Programa Operativo FEDER 2007-2013, co obxecto de facilitar o acceso ao crédito a aqueles proxectos economicamente viables que encontran dificultades de acceso ao financiamento ou a custos comparativamente superiores..  

O prazo para a presentación de solicitudes remata o día 31/03/2016.

Máis información: www.igape.es http://www.igape.es/gl/base-xeral-de-axudas/ficha/IGAP268

Portal cidadán de Laxe © by Abertal