23/03/2017 Plan Renove de Ascensores

A Consellería de Economía, Emprego e Industria convoca Subvencións destinadas á renovación total ou parcial de ascensores existentes pertencentes a comunidades de propietarios de edificios de vivendas en réxime de propiedade horizontal radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2017 (publicado no DOG núm. 45, do 06/03/2017).

Actuacións subvencionables: a renovación total ou parcial de ascensores existentes pertencentes a comunidades de propietarios de edificios de vivendas en réxime de propiedade horizontal radicadas na Comunidade autónoma de Galicia.

Estes investimentos en renovación de ascensores deberán permitir unha redución anual, cando menos, do 35% no uso da enerxía convencional ou un incremento xustificable na seguridade. Estas actuacións levaranse a cabo en ascensores xa instalados que conten co rexistro de aparello elevador (RAE).  

Axuda: a intensidade da axuda será dun 50% do investimento subvencionable por ascensor, pero en ningún caso baixo esta convocatoria poderá concederse unha subvención superior a 10.000 euros por ascensor e 20.000 euros por comunidade.  

O prazo de presentación de solicitudes será de tres meses contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diaro Oficial de Galicia, agás que se produza o suposto esgotamento de crédito.  

Máis información:

1.- Páxina web oficial da consellería: http://ceei.xunta.gal
2.- O teléfono da devandita dirección xeral: 981 95 71 87 ou 981 54 55 72
3.- O enderezo electrónico: cei.sxai@xunta.gal
4. Presencialmente

Portal cidadán de Laxe © by Abertal