Facebook
Ir á paxina de Turismo

Introdución

Porto de Laxe

O Concello de Laxe, situado no noroeste de Galicia, forma parte xunto con outros municipios da famosa Costa da Morte.

Laxe, na actualidade, está adscrito á comarca de Bergantiños localizándose no extremo occidental da mesma. É un dos municipios máis pequenos en extensión de toda a provincia da Coruña, pois só abarca un total de 34,1 Km2 repartidos entre a capital, Laxe, e as parroquias de Serantes, Soesto, Nande, Sarces e Traba.

Para acceder a Laxe existen dúas estradas principais que parten, unha da Coruña e a outra de Santiago de Compostela. A primeira parte da Coruña cara a Carballo podendo optar por ir pola antiga C-552 ou pola moderna autovía de peaxe. En Carballo colleremos a estrada cara a Malpica, e en Buño abandonaremos esta última e collemos un desvío á esquerda que nos leva a Ponteceso. En Ponteceso cruzamos a ponte en dirección Laxe. A segunda vía de acceso parte de Santiago, cruza Portomouro, Santa Comba e Baio, onde colleremos o desvío cara a Ponteceso e Laxe. O traxecto en coche desde Santiago e A Coruña a Laxe pódese facer nunha hora.


Turismo de Laxe © by Abertal