Facebook
Ir á paxina de Turismo

Oficina de Turismo

vistas laxe

A Oficina de Información Turística de Laxe naceu coa firme vontade de convertirse na ferramenta máis útil para promocina-lo turismo no noso concello.

O Concello de Laxe é consciente de que o turismo estase a converter xunto coa Agricultura e a Pesca nun dos pilares básicos da nosa economía. Por esta razón o Concello creou unha oficina de Turismo permanente dotada de tódolos adiantos tecnolóxicos: Correo electrónico, Ordenador Personal, Internet, Fotocopiadora, Impresora a color e láser…etc.

Durante o verán esta oficina está apoiada polo Punto de Información Turística que está situado nun lugar moi estratéxico visible para todos aqueles que nos visitan. Ademáis este Punto de Información Turística está tamén dotado das infraestructuras necesarias para dar unha información turística axeitada: Ordenador portátil, Internet, teléfono…etc.

Na nosa OMIT poñemos a disposición dos usurios diversos folletos relacionados co Municipio de Laxe e coa Costa da Morte en diferentes idiomas. Cando esteas en Laxe solicítaos nos nosos puntos de información turística no horario indicado para cada temporada.

Desexamos a tódolos que nos visitan unha feliz estancia no noso concello.


Turismo de Laxe © by Abertal