Facebook
Ir á paxina de Turismo

Bandeira Azul

A CAMPAÑA BANDEIRA AZUL

A Bandeira Azul é un galardón anual á calidade ambiental de praias e peiraos que unicamente poden solicitar as autoridades locais.  

O distintivo foi creado en 1987 pola Fundación para a Educación Ambiental (FEE), que é unha entidade privada constituída e representada por unha organización non gubernamental ambiental en cada un dos 40 Estados participantes. En España esta ONG ambiental é a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC).   

Para obter a Bandeira Azul, a comunidade local e as súas praias teñen que cumprir unha serie de criterios, que fan referencia ás seguintes cuestións:

- A calidade das augas do baño
- A información e educación ambiental
- A xestión ambiental
- A seguridade, os servizos e instalacións

Os criterios da Campaña van evolucionando e fanse progresivamente máis exixentes, favorecéndose así que os concellos non decaian no seu esforzo para resolver aqueles problemas ambientais máis salientables relacionados coa obtención da Bandeira Azul.

A ADEAC inspecciona en verán os emprazamentos con Bandeira Azul. A Coordinación Internacional, asemade, realiza visitas de control a unha mostra das praias galardoadas. Se durante a inspección se detecta que os criterios que deron lugar ao outorgamento do galardón deixan de cumprirse, os responsables da praia a nivel local están na obriga de arriar a Bandeira.


PRAIA DE LAXE, BANDEIRA AZUL 2017

A Praia de Laxe foi galardoada co distintivo Bandeira Azul 2017, garantíndose así que os seus usuarios desfrutan dun entorno limpo e seguro.


DESCARGAS ASOCIADAS

A relación de praias galardoadas coa Bandeira Azul pode consultarse na páxina web da ADEAC.  

As mostraxes da calidade de auga de baño na praia de Laxe publícanse nesta web e nos taboleiros de anuncios do Concello de Laxe (Caseta de Socorristas, PMIT, OMIXT, e nas Oficinas Xerais).


Turismo de Laxe © by Abertal