Facebook
Ir á paxina de Turismo

Como chegar

Situación

O municipio de Laxe está situado no noroeste de Galicia, no extremo occidental da Comarca de Bergantiños. Forma parte da Costa da Morte xunto con outros municipios e sitúase no punto central de tal tramo costeiro. Limita cos Concellos de Cabana de Bergantiños, Vimianzo e Camariñas nunha extensión de 34,1 km2 que se distribúe entre o núcleo de Laxe e as parroquias de Serantes, Soesto, Nande, Sarces e Traba.


Quilometraxe (concellos veciños/distancia)

Laxe - Santiago de Compostela:  67 Km
Laxe - A Coruña:  68 Km
Laxe - Ponteceso: 11 Km
Laxe - Malpica: 25 Km
Laxe - Carballo: 33 Km
Laxe - Vimianzo: 17 Km
Laxe - Muxía: 32 Km
Laxe - Fisterra: 51 Km


Por estrada

Hai dúas grandes vías para chegar a Laxe en coche: dende A Coruña, a maneira máis rápida é coller a C-552 ou a A-55 ata Carballo; unha vez alí dirixirse a Malpica e na localidade de Buño desviarse cara Ponteceso; despois de cruzar a ponte sobre o río Anllóns continuar sen interrupción ata Laxe.

Dende Santiago débese coller a C-545 ata Portomouro, tomar o desvío a Santa Comba, dirixirse a Baio, e en Baio coller o desvío cara a costa, pola estrada de Ponteceso e Laxe. No lugar de Fornelos, tomar o desvío á esquerda que dirixe a Laxe.


En bus

A estación de autobuses mais cercana está en Carballo (981 700 195). Alí existen conexións que enlazan con distintos puntos do noso municipio e dos arredores.

As liñas de transporte público que comunican Laxe con A Coruña e Laxe con Santiago de Compostela, son Autobuses Vázquez (981 254 145) e Aucasa (981 588 811 / 981 588 590), respectivamente.

A liña de Laxe a Santiago limítase a un bus de Laxe a Santiago os luns ás 6:30 saída de Laxe e outro de volta os venres ás 19:00 h saída dende Santiago (Non dispoñible os meses de verán).

Nota: No apartado de Oficina de turismo, horario dos autobuses, poderedes descargar os horarios.


En avión

Os aeroportos máis próximos son o internacional de Lavacolla, en Santiago (981 597 550), que o abastece de comunicacións regulares con Bos Aires, Nova Iorque, Frankfurt, Xinebra, Zürich, París, Bruxelas, Londres e as principais capitais do continente americano e europeo. O aeroporto de Alvedro (981 187 200), na Coruña, ten liñas regulares con París, Madrid, Londres e Barcelona. O aeroporto de Peinador en Vigo, o terceiro máis cercano a Laxe, ten voos a Madrid, Barcelona ou París entre outros destinos.Un pouco máis abaixo, o de Porto (Portugal) conta con enlaces a todo o mundo.


En tren

As estacións de tren máis próximas son as de Santiago (981 520 202) e A Coruña (981 150 202).


En embarcación

Se vostede decide vir en embarcación de recreo ou deportiva poderá atracar no noso porto deportivo.


Turismo de Laxe © by Abertal