Facebook
Ir á paxina de Turismo

O Surf

Surf

A praia de Soesto está considerada como unha das mellores de España para a práctica do surf e bodyboard segundo os especialistas na materia.

A finais de agosto celébranse alí unhas probas de Surf que forman parte do circuito galego de Surf e Bodyboard e que dende o 2005 tamén puntúan para o Campeonato de España Surf. Esta competición recibe surfistas de alto nivel de toda España e do estranxeiro que contribúen a fomentar o prestixio da praia.

Durante estas competicións desenvólvense diferentes actividades paralelas na praia: festas gastronómicas (mexillonada, carne ó caldeiro), concertos e cursos relacionados coas actividades no medio acuático.

Durante o resto do ano son moitos os surfistas nacionais e estranxeiros, aficionados ou de alto nivel, que acoden a practicar o surf e o bodyboard.


Turismo de Laxe © by Abertal