Facebook
Ir á paxina de Turismo

Flora e Fauna

Corvos mariños

A franxa costeira do Concello de Laxe está protexida pola Rede Natura 2000 debido ao seu gran valor ambiental. O noso litoral está incorporado ao LIC Costa da Morte (Lugar de Interese Comunitario) e ademais a Lagoa de Traba ten a denominación de espazo natural protexido pola Xunta de Galicia e está tamén incluída na ZEPA Costa da Morte (Zona de Especial Protección de Aves).


Fauna

Golfiño

Se falamos da fauna predominante no Concello de Laxe debemos destacar polo menos as seguintes especies: Avistamentos de varios tipos de golfiños desde calquera punto da costa, londras, lobos ibéricos, raposos vermellos ou raposos comúns, xabaril, coellos comúns ou coellos europeos, morcegos, cabalos, o lagarto verde galego, esquíos listados, o porco teixo entre moitas outras máis.

O contorno da Lagoa de Traba, pola súa banda, é escollida por gran cantidade de especies como sitio de paso ou zona na que aniñar. Algunhas desas especies máis usuais na lagoa son: o lavanco real, a galiña de río, distintas especies de gaivota (a gaivota escura, a gaivota alegre, a gaivota patiamarela, a gaivota chorona americana, a gaivota de Bonaparte), a garza real, o picapeixes, a garzota común, a galiñola negra, o aguiacho lagoeiro, o corvo mariño, entre outras.

Así mesmo nos bosques de Laxe poderemos observar corvos, falcóns, curuxas, pegas...

A biodiversidade mariña é aínda máis rica, pois no noso litoral poderán atopar polbos, luras, diferentes especies de peixes (sargos, robalizas,...), percebes, mexillóns, navallas,...etc. Laxe é unha vila mariñeira e por tanto lugar ideal para a práctica da pesca.


Flora

Herba de namorar

Na zona de cantís destacariamos: A herba de namorar, a anthyllis vulneraria, a silene marítima, os fiúnchos, diferentes tipos de fentos, o dente de león, a unlla de gato...etc.

Nas zonas de dunas predominan: O tártago mariño, as Gramíneas, o cardo mariño...etc.

En zonas de bosque: Carballos, as matogueiras húmidas, os castiñeiros, o eucalipto azul, diferentes tipos de piñeiros, os toxos, amieiros,...etc.

Brión, cogomelos, xuncos, espadanas, figueiras... e ata un sen fin de plantas máis. Toda esta diversidade de fauna e flora fan realidade o slogan de Laxe - Pedra Viva.


Turismo de Laxe © by Abertal