Facebook
Ir á paxina de Turismo

Proxecto Museográfico

PROXECTO MUSEOLÓXICO

Descrición detallada da organización do proxecto museolóxico: 

PLANTA BAIXA:

Sección 0: "O Mar nos ollos da Xente".

Biografía e semblanza dos personaxes laxenses: 

  • 4 Vitrinas que recollen diferentes obxectos que pertenceron a varios destes personaxes ilustres.
  • Exposición de tres pequenas antoloxías (vídeos) de fotos antigas do Fondo Fotográfico Vidal. (Unha realizada pola empresa musealizadora e as outras dúas realizadas por Joaquín Vidal, Técnico Municipal Encargado do Museo). Posibilidade de realizar máis vídeos fotográficos (o Arquivo Fotográfico Vidal contén 67.000 fotos antigas).
  • 2 Paneis luminosos que reproducen dous mapas antigos: un de Galicia e outro de Ría de Laxe (século XVI).
  • 1 Vitrina que expón diferentes maquetas de barcos realizadas polo maquetista autodidacta Prudencio Pouse (Pulén)
PLANTA 1ª:

Sección 1ª "Do Mar á Terra".

Visión da Costa desde o Mar:

  • Maqueta Interactiva do territorio do Concello de Laxe.
  • Panel explicativo sobre a casa mariñeira.
  • Panel e audiovisual sobre a evolución do Porto de Laxe.
  • A liña de Costa. Panel interactivo.
  • Audiovisuais do "Bolo do Lar" e da Mina de Caolín.
  • A liña interior: De Traba a Coens: a mina de Caolín.
  • Laboratorio Xeolóxico de Laxe.
  • Maqueta da Igrexa parroquial de Santa María da Atalaia de Laxe.

PLANTA 2ª:


Sección 2ª:"Da terra o mar".

Relación histórica de Laxe co mar:

  • Pesca da balea, Salga, Piratas.
  • As diferentes artes de pesca: O Boliche, o cerco, o palangre...
  • Os naufraxios históricos da Costa de Laxe.
  • Actividades pesqueiras.
  • Actividades relacionadas coa pesca: Exposición de diferentes redes e embarcacións.
  • O Naufraxio e a procesión do Carme.

BAIXO CUBERTA:


Sala dedicada aos ilustres fotógrafos Plácido e José Mª Vidal:

  • 4 Paneis Informativos luminosos que explican o traballo desenvolvido durante anos por estes dous fotógrafos ilustres. Cronistas sociais, fotógrafos de familia...
  • 1 Vitrina na que se expoñen diferentes artigos procedentes do Laboratorio Fotográfico da familia Vidal.
  • 1 Amplificadora antiga para o relevado das fotos que foi propiedade dos fotógrafos.
  • 1 Proxector de cine Súper 8 mm Sankyo Sound 401 que pertenceu á primeira Asociación Cultural do Municipio “A. C. Xiada”
  • 1 Radio de Comunicación antiga de onda curta, depósito da Cruz Vermella do Mar de Laxe
  • 1 Miradoiro sobre a Vila, a praia e Ría de Laxe.
Durante o proceso museolóxico, as cesións e as doazóns foron a forma máis eficaz para obter pezas para a exposición permanente do Museo.

Ademais, o día da súa apertura ao público (Semana Santa, 2011) foron moitos os veciños de Laxe quen se ofreceron para doar obxectos relacionados coa pesca e coa propia historia do municipio para que fosen parte da exposición permanente do Museo.

Por desgraza, hai moitas casas deste municipio onde vive xente anciá que ten entre as súas pertenzas obxectos de incalculable valor simbólico e ata histórico para esta localidade, e que serán arroxados ao lixo cando estes falezan.

Consecuentemente, co falecemento dun ancián pérdese un anaco da historia da nosa terra. Neste sentido, unha dos labores a desenvolver neste museo será concienciar a estas persoas para obter a doazón ou, polo menos facer un seguimento, nos próximos anos, para que todos estas pezas non se perdan.

Entre tanto, durante o período de 2011-2016 doáronse diversos artigos por iniciativa dos seus donos, por medo a que os seus herdeiros considerásenos artigos vellos para tirar no lixo, ou polos seus descendentes coñecedores do valor simbólico e histórico dos mesmos. Xa que logo, a cesión e a doazón de bens patrimoniais con valor simbólico ou histórico para o noso municipio seguen, a día de hoxe, tendo unhas posibilidades inmensas.

E por esta razón, solicitamos tamén a todos aqueles cidadáns posuidores de bens culturais de carácter simbólico ou histórico para o noso municipio, que antes de desfacerse deles, dóenos ou cedan ao museo para a súa salvagarda para xeracións futuras.


PROXECTO MUSEOGRÁFICO

Relación detallada de bens e recursos museográficos co seu emprazamento dentro do inmoble do Museo:

PLANTA BAIXA:


En cada unha das cinco vitrinas móbiles expóñense os seguintes artigos:

  • Útiles de Carpinteiro similares aos usados por Manolo do Rei. (3 pezas).
  • Libro “A Roseira dá Soidade” de Antón Zapata.
  • Caderno do Laboratorio Xeolóxico de Laxe. Tomo 1 Reunión de Xeoloxía do Noroeste Peninsular. Ano 1980. Publicacións do Seminario de Estudos Galegos.
  • Exemplar do “Catecismo de Astete” que foi propiedade de Juan Antonio Posse e a súa “Pláctica Terceira” (Ano 1838).
  • Barcos Veleiros de diferentes tamaños, unha chalana grande e reprodución de aparellos de pesca a pequena escala realizados por Prudencio Pose .

PLANTA PRIMEIRA:

Na Vitrina dedicada a Isidro Parga Pondal (Laboratorio Xeolóxico de Laxe e Mina de Caolín):

  • Libro “Mapa Xeolóxico de España. Explicación da folla núm. 43 (Laxe, Coruña). Instituto Xeolóxico e Mineiro de España núm. 199 (Ano 1953).
  • Publicacións científicas do Laboratorio Xeolóxico de Laxe: Cadernos do Laboratorio Xeolóxico de Laxe. Núm. 7. Reunión de Xeoloxía e Minería do NO peninsular (Nadal de 1983); Publicacións do Seminario de Estudos Galegos. Ano 1984; Contribucións á primeira reunión sobre Xeoloxía de Galicia e Norte de Portugal. Ano 1965. Observatorio, interpretación e problemas xeolóxicos de Galicia. Isidro Parga Pondal. Traballos do Laboratorio Xeolóxico de Laxe. Núm. 9. Ano 1960; JR. Parga e R. Veigas. Problems and discussion on Precambrian Series of the Hesperia Massif (Western Iberian Peninsula). Traballos do Laboratorio Xeolóxico de Laxe. Núm. 43 (Ano 1972).
  • Estañador feito con ferro, cobre e madeira.
  • Extractor.
  • Bomba de Auga.
  • Motor e Bomba de Auga.
  • Dúas maquetas pequenas que representan unha vagoneta con cazo e vía da mina e un Castillete da Mina para o transporte do Caolín de Coens a Laxe.
  • Tres recipientes de cristal con mostras de caolín. Depósito de “Caolines de Vimianzo” (CAVISA).

  • Maqueta da Igrexa parroquial de Santa María da Atalaia de Laxe realizada por Prudencio Pose.
  • Sobre a Maqueta do territorio municipal de Laxe están expostos as seguintes pezas: Maquetas das seguintes embarcacións de pesca (Praia de Laxe, Monte Igueldo, San Bartolo) e 4 chalanas de pesca (1 delas é unha pequena dorna con vela) realizadas por Prudencio Pouse .
Na Lareira está exposta unha Patela e á beira do lavadoiro unha batea de zinc dos anos 40 do século XX. Tamén está a sella de auga que ten unha antigüidade de 80 anos.

PLANTA SEGUNDA:

  • Artes de Arrastre: Rapeta.
  • Aparellos de Pesca: Rastro.
  • Artes Menores: Trasmallo.
  • Exvoto ofrecido na Igrexa de Santa María da Atalaia (Corbeta Bounti do século XVII).
  • VITRINA DOS NAUFRAXIOS: Auriculares dos anos 40 procedentes do Avión Americano que aterrou na Praia de Traba no ano 1944; Maqueta do memorial “A Espera” de propiedade municipal; Maqueta da goleta británica “Adelaide”. Realizada en 2010 por José Francisco Rodríguez Fernández seguindo os planos orixinais do barco afundido en Laxe en 1850. Depósito do Autor; unha pistola atribuída ao pecio do Adelaide de mediados do século XIX; un Machete atribuído ao pecio do Adelaide de Mediados do século XIX.
  • Maqueta da embarcación “A Laxeira”. Motora Diésel para a pesca con artes menores de 1953.
  • Espello.
  • Maqueta dunha “Lancha de xeito” (En Laxe chamábanse Dornas).
  • Compás usado na pesca “a gholpe de Vista”.
  • Maqueta dunha Traiñeira.
  • Unha rede cunha gran boia verde de cristal. [Típica desta zona]
  • Cadro de madeira acristalado que contén un diploma de Patrón de Cabotaxe expedido en 1861.
  • NAS VITRINAS MÓBILES: Maqueta de Pesca con cerco de Xareta; Palangrillo; Maqueta (Bolandros e Galeóns); Documentación marítima; Maqueta dunha fábrica de conserva e salgadura e un Candil antigo a vela para a pesca nocturna.
  • Unha Mandíbula dunha balea atopada en Laxe. Propiedade Municipal.

BAIXO CUBERTA:

  • Unha Amplificadora Fotográfica procedente do Laboratorio Fotográfico de José Mª Vidal.
  • PROYECTOR DE CINE SUPER 8MM SANKYO SOUND 401 (Propiedade Municipal). Pertenceu a desaparecida A. C Xiada (A primeira asociación cultural do Concello de Laxe).
  • FACSIMILE RECORDER MODEL FX - 240 JAPAN MARINE CO. LTD. Depósito da Cruz Vermella de Laxe. É un Radio fax, coñecido tamén como o “facsímile do tempo” ou Fax de onda curta.
  • VITRINA DE CRISTAL ALARGADA: (Diversos materiais procedentes do laboratorio fotográfico de José Mª e Plácido Vidal):
- Placa fotográfica. Atopada na amplificadora de José Mª Vidal.

- Caixas con placas de fotografía. Marcas Perutz e Vendas.

- 1 Rolo de Película.

- Publicidade Fotos Vidal Corme.

- Caixas con placas de cristal marcas Eastman films.

- Caixas con placas fotográficas marcas Edair Guilleminot (2) e Vafca (2) Ortocromática; marca Vafca Pancromática e J. Jougla en francés.

- Plaques a l’ Iodo - Bromure D’Argent. J. Jougla. Societé Lumiere.

- Placas marca Agfa. Fsochrom Platten, Persen (2). Isochom Portrait Filme (en alemán).

- Película Plana. Marca Vafca. Ortocromática. - Mostras antigas de Pregos e Sobres Aéreos. - Libro “A fotografía do Director”. Autor Antonio Cánovas. Fotografía Kaulak. Madrid.

- Libro de Kodak Sociedade Anónima. Ano 1921.

- Revista Kodak. Febreiro de 1921.

- Enciclopedia do fotógrafo afeccionado. Núm. 9. Autor Jorge Brunel. Ampliacións e as Proxeccións. Bailly - bailliere e Fillos Editores.

- Folla de “Photometres pur lles temps de pase”.

- Libro “KlappKamera Atlántica” (en alemán).

- Revista de salón Kodak.

- Libro “A Fotografía. Manual para afeccionados”. Núm. 6. Autor Muffone.

- Enciclopedia do Fotógrafo Afeccionado. Núm. 6. A fotografía ao aire libre. Bailly - Billere.

- Libro “El progreso fotográfico”. Autor Rodrigo Namia. 1914-1915.

- Libro “ El progreso fotográfico”. Autor Rodrigo Namia.

No almacén da Planta Baixa gárdase unha pequena maqueta dun Carro do País realizado por Pulén.


DOAZÓNS E CESIÓNS DESDE O 2011

Ao longo destes anos, o museo recibiu doazóns de diferentes bens culturais relacionadas co noso territorio que forman agora parte da súa exposición permanente. Entre estas pezas poderiamos destacar, a modo de resumo, as seguintes:

1.- DOAZÓN DE PULÉN POSE LEMA:

Maquetas:


  • Embarcacións de pesca: Praia de Laxe; Monte Igueldo; San Bartolo.
  • 4 chalanas de pesca e unha pequena dorna con vela latina.
  • 4 veleiros.
  • Reprodución en madeira da Igrexa de Santa María da Atalaia de Laxe.
  • Reprodución a pequena escala dun carro de bois.
  • 1 chalana grande con remos, toneis, e outro equipamento tradicional. Emprégase para ensinar aos visitantes as características deste tipo de embarcación.  
  • Reprodución de memoria e a escala de elementos da antiga fábrica de caolín de Laxe: vagoneta con cazo, vía e castellete para o transporte do caolín de Coens a Laxe.
  • Título de patrón de buques de cabotaxe expedido en 1861 a favor de Prudencio Mesías, tataravó de Pulén Pose.
  • Dous libros “Derrotero de las Costas de Europa y África” Edición de 1849 e Manual de Navegación do Río da Prata. Edición de 1858.
2.- DOAZÓN DE MIGUEL TOJA LEMA:

  • Candil antigo a vela para a pesca nocturna.    

3.- DOAZÓN DE MANUEL FERNANDO MOSQUEIRA COUSILLAS [Calvete de Corme]:

Colección de equipos de comunicación e seguridade marítima en buques:

  • Radioteléfono Mhs  - Blv Str0b / M (Marconi España S.A) Abril - 75.
  • Sonda Ms - 29 Standard Eléctrica S.A. División de Radio Madrid. Marzo de 1962.    
  • Receptor mariño de radiofacsimil Fx - 240 (Crame Radiohollandgroup).
  • Radioteléfono Mhf - Blv Str 250b / M (Marconi España S.A).
  • Telefonía de Blv. Debeg 3120 (Crame Radiohollandgroup).
E para rematar, un proxector de cine súper 8mm Sankyo Sound 401 (Propiedade municipal) que pertenceu á desaparecida “Asociación Cultural Xiada” (A primeira asociación cultural do Concello de Laxe).

De todos os xeitos, aínda existe na actualidade unha gran marxe para profundar en máis reformas e ampliacións, posto que existen espazos baleiros nos que se poden albergar novas exposicións.

Así pois, a doazón ou cesión de bens culturais seguen ata o día de hoxe, esperando que a cidadanía siga contribuíndo coas súas doazóns e cesións a enriquecer a exposición permanente do Museo. A modo de exemplo, en abril de 2016, foi doada unha sella tradicional galega (balde de auga tradicional) coas iniciais dun párroco do pobo falecido a inicios dos anos 80 (Feliciano Pérez Alvite).

Tamén foi doada unha máquina de coser marca “Singer” de carácter manual. Ambas pezas foron restauradas por operarios municipais para que formen xa parte do patrimonio cultural do museo.


AGRADECEMENTOS

O Concello de Laxe quere agradecer ás seguintes personalidades a súa xenerosa contribución a este proxecto museográfico, sen cuxa desinteresada colaboración o Museo do Mar de Laxe non podería saír adiante:

ANTONIO BELLO ROMERO

DOLORES CAAMAÑO POSE

ELBA VIDAL EIROA

ELENA FERNÁNDEZ GÓMEZ

EMILIO F. LEMA WALDOMAR

ENRIQUE REDONDO MELLA

FAMILIA BORJA ROMAR

FRANCISCO BELLO TABOADA

FRANCISCO COUSILLAS DEVESA

FRANCISCO TOJA GARCÍA “CHINITA”

JESÚS Mª POSE LEMA

JESÚS VIGO TOJA

JOSÉ BARCIA LEMA

JOSÉ FRANCISCO RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ

JUAN CAMPOS

JUAN DE LAXEIRA

JUAN RAMOS VIDAL ROMANÍ

JULIO FERNÁNDEZ GARCÍA PORRAS

Mª CELIA ALLO DEVESA

MIGUEL TOJA LEMA

MODESTO DOMÍNGUEZ BUSTO

PLÁCIDO VIDAL EIROA

PRUDENCIO POSE “PULÉN”

TANO TOJA TOJA

VENTURA DOMÍNGUEZ LUSTRES

VICENTE ÁLVAREZ RODRÍGUEZ

...


SERVIZOS COMPLEMENTARIOS:

Ademais, o Museo do Mar de Laxe conta cos seguintes servizos complementarios:

  • Punto Municipal de Información Turística.
  • Ascensor e mantemento mensual do mesmo conforme á normativa vixente.
  • Taquillas.
  • Almacéns.
  • Baños con auga corrente tanto fría como quente.
  • Calefacción, dispensadores de xabón, dispensadores de papel para a limpeza de mans, papeleiras...
  • Sala polivalente con cadeiras acolchadas de cor azul desplegables, e mesas.
Está adaptado para persoas con discapacidade e desde setembro de 2014 existe sinalización exterior nas rúas de Laxe que indica o seu emprazamento e como chegar ao Museo desde o Paseo Marítimo / Praza de Ramón Juega.


Turismo de Laxe © by Abertal