Facebook
Ir á paxina de Turismo

Municipio Turístico Galego

A DECLARACIÓN OFICIAL

O Concello de Laxe está oficialmente declarado Municipio Turístico Galego. O acordo favorable do Consello da Xunta de Galicia foi publicado no Diario Oficial de Galicia número 237 de 10 de decembro de 2007.  

Esta declaración constata o cumprimento dos requisitos relativos á afluencia turística e aos establecementos de aloxamento que deben ter os municipios galegos para obter a declaración de turísticos.  

Esta declaración constata tamén o cumprimento dos criterios referentes á prestación de servizos e infraestructuras municipais que determinan o compromiso efectivo do Concello de Laxe coa súa vocación turística e que ademais son tidos en conta para garantir, tanto a residentes como a poboación turística, uns determinados niveis de calidade.


DESCARGAS ASOCIADAS

A declaración como Municipio Turístico Galego saiu publicada no DOGA núm. 237, do luns 10 de decembro de 2007.

O Decreto 32/2015, do 19 de febreiro, regula a declaración de Municipio Turístico.

En Galicia hai 42 municipios oficialmente recoñecidos coma Municipios Turísticos Galegos. 


Turismo de Laxe © by Abertal