Facebook
Ir á paxina de Turismo

Ben de Interese Cultural

A DECLARACIÓN OFICIAL

Os Bens de Interese Cultural (BIC) son aqueles bens mobles, inmobles e inmateriais máis sobranceiros do patrimonio cultural de Galicia, declarados por decreto do Consello da Xunta de Galicia.

Tras a súa declaración ou recoñecemento, inscríbense no Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia, onde se recollen, entre outros, os datos relativos á súa identificación e localización, así como outros de interese para a súa protección.

A declaración de interese cultural dun ben determina os valores que xustifican a súa declaración, e tamén inclúe unha descrición detallada e precisa que permite a súa correcta identificación.

O Concello de Laxe atesoura dous Bens Inmobles de Interese Cultural con categoría de monumento: O Castelo de Torres de Sanllóns e a Igrexa de Santiago de Traba.


A IGREXA DE SANTIAGO DE TRABA

A Dirección Xeral do Patrimonio Histórico e Documental, por resolución de 28 de marzo de 1994, declarou como Ben de Interese Cultural, con categoría de Monumento histórico-artístico, a Igrexa de Santiago de Traba.

Esta declaración, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 114 de 15 de xuño de 1994, foi posteriormente publicada no Boletín Oficial do Estado núm. 144 de 17 de xuño de 1994.



Turismo de Laxe © by Abertal