Facebook
Ir á paxina de Turismo

Sendeiros PR-G

A HOMOLOGACIÓN DE SENDEIROS

A homologación de sendeiros é un proceso federativo que garante a seguridade do camiñante ao comprobar que existen uns mínimos de calidade, e asegurar a homoxeneidade da rede de sendeiros por toda España.

En Galicia, a Federación Galega de Montañismo é a institución que posibilita que unha rota de sendeirismo sexa incluída na Rede Galega de Sendeiros Homologados.

A sinalización deséñase seguindo o Manual de Sendeiros da Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada (FEDME).

Os trazados están formados pola conexión de sendas, camiños e pistas que tratan sempre que sexa posible de evitar o tránsito por estradas asfaltadas.

A homologación dun sendeiro pode ser basicamente de dous tipos:

Gran Percorrido (GR) é a denominación dos sendeiros con lonxitude superior aos 50 quilómetros. Están sinalizados con raias brancas e vermellas que indican continuidade, cambio de dirección e dirección equivocada.

- Pequeno Percorrido (PR) son os sendeiros cunha distancia xeralmente comprendida entre os 10 e os 50 quilómetros de distancia, aínda que en ocasións poden ter menos. Están sinalizados con pintura branca e amarela.


PR-G 70 e PR-G 114

O Concello de Laxe conta con dous sendeiros homologados pola Federación Galega de Montañismo:

O PR-G 70 Punta Insua: É unha ruta circular de 5,2 km. de distancia e dificultade baixa. Parte do Punto Municipal de Información Turística e percorre todo o litoral do Monte Insua, hasta o faro de Laxe. Continúa cara a Praia dos Cristais, e remata no mesmo lugar da saída.

O PR-G 114 Laxe-Traba: É un sendeiro lineal de 8 km de distancia e dificultade tamén baixa.

Empeza no Punto Municipal de Información Turística do Paseo Marítimo e segue unha ruta litoral que pasa pola praia de Soesto, continúa pola praia de Arnado e remata na Lagoa de Traba.


LIGAZÓNS ASOCIADAS

O listado de sendeiros homologados pola  Federación Galega de Montañismo pode consultarse na páxina web da propia Federación.

O Concello de Laxe editou un folleto de man no que, entre outros, aparecen o PR-G 70 e o PR-G 114.



Turismo de Laxe © by Abertal