Facebook
Ir á paxina de Turismo

Colección Visitable

A NORMATIVA GALEGA DO PATRIMONIO CULTURAL

A Lei 5/2016, de 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia [DOGA núm. 92, de 16 de maio de 2016 | BOE núm. 147, de 18 de xuño de 2016] establece e define as distintas categorías para as coleccións, así como as obrigas e compromisos das institucións locais na salvagarda e difusión do Patrimonio Cultural.

Neste marco xurídico, o Servizo de Museos é a unidade administrativa que coordina as actuacións en materia de museos na Comunidade Autónoma de Galicia e ten a responsabilidade sobre o control do patrimonio moble custodiado nos museos e coleccións visitables galegas, tanto nos de titularidad autonómica como estatal xestionados pola Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, como daqueles que constitúen o Sistema Galego de Museos.

De acordo co artigo 113 da Lei 5/2016, de 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, os organismos públicos e as persoas físicas ou xurídicas interesadas na creación de museos ou coleccións visitable, deberán promover diante da Consellería de Cultura a iniciación do expediente de solicitude de autorización no que se incluirá o proxecto museolóxico e museográfico (Plan Museolóxico ou de Colección visitable), a documentación e o inventario das coleccións que posúen e o estudo das instalacións, medios e persoal.

A documentación enviarase á Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, órgano encargado do seu tramitación.

Unha vez presentada a documentación necesaria, iniciarase o oportuno expediente, correspondéndolle ao Consello da Xunta de Galicia conceder a autorización e o recoñecemento de Museo ou Colección visitable.

De acordo co xa mencionado artigo 113 da Lei 5/2016, de 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, a creación, autorización e cualificación dun museo ou colección visitable farase por acordo do Consello da Xunta, e nel se delimitará o seu ámbito territorial e contido temático.


REQUISITOS LEGAIS

Co fin de que o Museo do Mar de Laxe fose declarado "Colección Visitable", e así poder ingresar na Rede Galega de Museo, o Concello de Laxe como titular do museo debeu acreditar no procedemento de creación, autorización e cualificación como colección visitable os seguintes puntos:

  • Solicitude expresa do representante legal da colección ante a Consellería competente en materia de museos (solicitude asinada polo alcalde).
  • Colección de bens propios suficiente e adecuada ao ámbito e obxectivos da colección.
  • Redacción dun Plan de Colección Visitable.
  • Inventario con fotografías dos bens que integran os fondos da colección.
  • Medidas de conservación preventiva adecuada e suficiente segundo a tipología dos seus fondos.
  • Medidas de seguridade adecuadas e suficientes para os fondos, as coleccións e o público.
  • Recursos humanos: En todo caso, deberá contar como mínimo cun responsable cualificado e co persoal necesario para os labores de control e vixilancia dos fondos da colección.
  • Recursos económicos: Plan de viabilidade no que conste a dotación presupuestaria inicial e o programa económico de viabilidade e de financiamento estable.
  • Inmoble adecuado para uso público e que garanta as condicións de conservación, de seguridade e de visita pública.
  • Exhibición ordenada das súas coleccións con criterios científicos, estéticos e didácticos.
  • Horario de apertura ao público con carácter fixo e continuado, e medidas de accesibilidade para a investigación e a consulta.
O Plan de Colección Visitable desenvolverá os seguintes apartados:

  • Definición da institución: o seu marco temático, cronolóxico e xeográfico, a mensaxe a transmitir, o interese social e cultural dos fondos que integran a colección, a responsabilidade do museo respecto ás súas coleccións e á súa contorna sociocultural, a súa adscripción xurídica-administrativa, as normas de funcionamento, a súa historia e carácter.
  • Análise e avaliación da institución: historia, actuacións en relación ás coleccións, exposición, difusión e comunicación, seguridade, recursos humanos e económicos.
  • Definición do inmoble: a sé, espazos, accesos, e instalacións.
  • Programas referidos ás coleccións en relación ás funcións de incremento, documentación, investigación, difusión, conservación e restauración.
  • Programa e proxecto de exposición permanente.
  • Programas de seguridade, de recursos humanos e de recursos económicos.


OS COMPROMISOS DO RECOÑECEMENTO

Una vez autorizado, reconocido y calificado como Colección Visitable, se adquirirán los siguientes compromisos:

  • Mantener, como mínimo, las condiciones iniciales que dieron lugar a su reconocimiento o autorización.
  • Mantener actualizado el registro y el inventario de sus fondos.
  • Elaborar y remitir a la Consejería competente en materia de museos de manera anual las estadísticas y datos sobre los fondos, actividades, visitantes y prestación de servicios.
  • Permitir la inspección de la organización y los servicios prestados, así como de sus instalaciones, fondos y documentación por la Consejería competente en materia de museos.
  • Informar al público y a la Consejería competente en materia de museos del horario y condiciones de visita y de sus modificaciones.
  • Facilitar el acceso a las personas interesadas en la investigación de sus fondos.
  • Difundir los valores culturales de los bienes custodiados.
  • Garantizar la seguridad, conservación y protección de sus fondos.


OS BENEFICIOS DO RECOÑECEMENTO

O recoñecemento, autorización ou cualificación de "Colección Visitable" en Galicia supón os seguintes beneficios:

  • A inscripción automática no Rexistro de Museos e Coleccións Visitables de Galicia e a integración no Sistema Galego de Museos.
  • A posibilidade de recepción dos depósitos de bens que, no seu caso, acorde a Consellería competente, como é o caso dos depósitos arqueolóxicos.
  • A condición de beneficiario preferente nas actuacións públicas relativas á concesión de subvencións e axudas para:
  1. Aspectos de avance e accesibilidad das instalacións.
  2. Mellora dos equipamentos de exhibición e conservación.
  3. Programación de actividades de difusión.
  4. Publicación de guías e catálogos relacionados cos fondos.
  5. A condición de beneficiario preferente na concesión de persoal colaborador a través de becarios para tarefas de difusión, catalogación ou conservación de fondos.
  6. Asesoramiento técnico na ordenación e catalogación dos fondos así como na aplicación de medidas de conservación.
  7. Inclusión nas guías impresas elaboradas pola Consellería competente en materia de museos, así como na páxina web institucional e nas publicacións relacionadas.


RECOÑECEMENTO COMO COLECCIÓN VISITABLE DO MUSEO DO MAR DE LAXE

No Consello da Xunta de Galicia celebrado o 8 DE XUÑO DE 2017, BAIXO A PRESIDENCIA DO SR. D. ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO aprobouse a entrada do Museo do Mar de Laxe na Rede Galega de Museos como colección visitable.

Na nota de prensa posterior que se mandou aos medios de comunicación indicouse:

"A XUNTA RECOÑECE COMO COLECCIÓN VISITABLE O MUSEO DO MAR DE LAXE

- O seu discurso museístico céntrase no patrimonio antropolóxico, histórico e visual da vila desde finais do século XIX ata os anos 70 do século XX.
- Alberga unhas 67.000 fotografías procedentes do Arquivo do fotógrafos Plácido Vidal e do seu fillo José María Vidal.

O Consello da Xunta deu hoxe o seu visto e prace á proposta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de recoñecer como colección visitable o Museo do Mar de Laxe (A Coruña), logo da solicitude tramitada polo Concello de Laxe, que ten o seu titularidade.

O seu contido vira ao redor de dous eixes básicos, que son a historia da vila de Laxe e da comarca desde finais do século XIX ata os anos 70 do século pasado; cunha especial atención á divulgación da cultura marítima e á preservación da memoria socio cultural da zona.

Polo tanto, este patrimonio antropolóxico, histórico e visual constitúe o soporte fundamental da colección que alberga.

No entanto, a peza fundamental do Museo son o conxunto de fotografías procedentes do arquivo fotográfico de Plácido Vidal (1867-1956) e do seu fillo José María Vidal (1900-1988), que forman parte da colección permanente do centro.

Este arquivo está composto por 67.000 imaxes que reflicten a historia de Laxe e a súa contorna ao longo de máis dun século. Todas estas fotografías foron digitalizadas e atópanse depositadas no Arquivo Municipal, aínda que están asignadas ás coleccións do Museo do Mar de Laxe, onde actualmente -na súa planta baixa- reprodúcese unha antología delas.

Unha vez recibida a solicitude por parte do Concello de Laxe, e analizada toda a documentación pertinente como é o inventario de fondos e o Plan de colección visitable (que abarca o programa museolóxico e museográfico, persoal e financiamento), a Consellería de Cultura estimou que o Museo do Mar de Laxe reúne as condicións e requisitos necesarios para conseguir a colección visitable, cun contido temático marítimo-pesqueiro e ámbito local."



Turismo de Laxe © by Abertal