Facebook
Ir á paxina de Turismo

Estadísticas

Dende os anos noventa do século pasado, Laxe presenta uns índices de crecemento turístico constante, tanto a nivel de oferta coma de demanda. Froito desta tranformación o concello de Laxe pasou dunha caracterización tradicional coma pobo mariñeiro e agrícola, a basear unha parte importante da súa economía na explotación turística dos seus recursos. Como resultado, no ano 2007 este municipio de 37,2 km2 e 3.148 habitantes (datos INE 2016), foi oficialmente declarado Municipio Galego de Interese Turístico.  

Este crecemento da actividade turística xustifica a necesidade de analizar, e o mesmo tempo dar a coñecer, a estrutura turística municipal.  

Esta sección permitiranos facer públicos os informes técnicos derivados dos datos e investigacións que realizamos internamente  na Oficina Municipal de Turismo.


Turismo de Laxe © by Abertal