Inscricións na escola municipal de música curso 2022-2023

Dende o 29-09-2022 ata o 16-10-2022

A escola municipal de música de Laxe volve cunha nova oferta para este curso 2022-2023.

Víctor Manuel García Pose será o encargado de impartir clases de guitarra, piano, acordeón, frauta, gaita e linguaxe musical.

As sesións celebraranse de luns a venres en horario de mañá e tarde. Pódese acudir de xeito individual ou en pequenos grupos a partir dos 5 anos.

As prazas son limitadas. As inscricións poden formalizarse na aula de música municipal do 3 ao 14 de outubro, de 10:00 a 14:00 horas, ou tamén na sede electrónica municipal (actividades culturais e deportivas).


Portal cidadán de Laxe © by Abertal