SOLPOR POÉTICO

Solpor Poético

Este programa foi concebido para ofrecer unha actividade diferente cun marcado carácter poético aproveitando por un lado un espazo natural recuperado do Concello e unha das características turísticas máis salientables do noso Concello, os solpores. Supón unha ocasión inmellorable para entregar e facer públicos os premio do certame de Poesía para tódalas idades, sen esquecer de lembrar a figura do poeta máis nomeado da vila de Laxe Antón Zapata García.

Nesta actividade coidase especialmente a ambientación do lugar, ofrecendo un espazo cómodo no entorno natural.

A resposta do público sempre foi moito máis ampla do esperado, cerca 120 persoas acudiron na úlrtima edición.


Portal cidadán de Laxe © by Abertal